Detido por quebrantar a orde de afastamento da súa exparella para convidala a comer

A detención produciuse este xoves por parte de axentes da Policía Autonómica do Grupo de Apoio á Protección de Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero da Xefatura de Ourense.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 17/01/2020 | Actualizada ás 12:40

Comparte esta noticia

A Policía Autonómica de Ourense detivo un home de 35 anos de idade por quebrantar a orde de afastamento da súa exparella para convidala a comer. A detención produciuse este xoves por parte de axentes da Policía Autonómica do Grupo de Apoio á Protección de Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero da Xefatura de Ourense.

Durante a vixilancia dunha das 293 vítimas de violencia de xénero que ten asignadas a Policía Autonómica, os axentes observaron como o home se achegaba á muller, a pesar de contar cunha orde de protección que impide ao detido aproximarse a menos de 300 metros e comunicarse con ela.

Nese momento, os axentes procederon á súa identificación e posteriormente trasladárono a dependencias da Policía Nacional de Ourense, onde se instruíron dilixencias e pasou a disposición xudicial.

Axentes da Policía Local
Axentes da Policía Local | Fonte: CLM24 Axentes de Policía Local. ARQUIVO Axentes de Policía Local. ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta