A DGT inicia unha campaña este luns para controlar aos vehículos máis vellos

Destaca que seis de cada dez accidentes de tráfico que se produciron en 2018 contaron coa implicación de vehículos de máis de 10 anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2020 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

A Dirección General de Tráfico (DGT) iniciará unha campaña de vixilancia para controlar as condicións nas que circulan os vehículos e así "garantir que o seu estado cumpre cos requisitos establecidos na lexislación vixente".

Desde este luns ata o vindeiro domingo, 26 de xaneiro, os axentes da Garda Civil de Tráfico intensificarán os controis para comprobar as condicións técnicas dos automóbiles, prestando especial atención ao mantemento e posta a piques dos elementos de seguridade (pneumáticos, luces, sinalización ou parabrisas).

Ao mesmo tempo, a Delegación do Goberno en Galicia explicou este domingo nun comunicado que seis de cada dez accidentes de tráfico que se produciron en 2018 contaron coa implicación de vehículos de máis de 10 anos.

De feito, a institución fixo especial fincapé en destacar a antigüidade dos automóbiles como un "factor de risco" á hora de verse involucrados en accidentes de tráfico. Mentres que só no 17% dos sinistros en Galicia houbo implicados vehículos de menos de catro anos.

"Ademais, o risco de falecer ou resultar ferido grave multiplícase por dous ao comparar os accidentes ocorridos con vehículos de 10 a 15 anos de antigüidade, en relación con aqueles nos que os automóbiles teñen menos de cinco anos", precisou a Delegación.

A última vez que se realizou unha campaña como a que empeza este luns (en novembro de 2019), os axentes da Garda Civil controlaron 9.851 vehículos en Galicia e impuxeron 188 denuncias das que 118 (62,8 por cento) foron irregularidades coa inspección técnica.

Unha patrulla da Garda Civil realiza un control de tráfico. GARDA CIVIL
Unha patrulla da Garda Civil realiza un control de tráfico. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Sentidiño

Ampliación para dummies: se un audi R8 recén saído do concesionario se leva por diante catro coches de pobres, a estadística bótalle a culpa aos pobres, por non cambiaren de coche. Chámanlle capitalismo.

2 Sentidiño

O dato de que seis de cada dez accidentes de tráfico que se produciron en 2018 contaran coa implicación de vehículos de máis de 10 anos non aporta nada se non se inclúe o dato do porcentaxe de vehículos vellos en circulación. Ademais "implicados" non significa que fosen os causantes do sinistro.

1 GestorAuto

É irresponsable levar un vehículo sen pasar a ITV ou en malas condicións, é mellor vendelo, trasladar o vehículo e ter un coche ou motocicleta en bo estado. Non hai necesidade de xogar a vida nin a dos demais.