Os farmacéuticos advirten dos perigos de seguir a "influencers prescriptores"

O Colexio oficial de Farmacéuticos de Ourense avisa que "só os profesionais sanitarios poden prescribir e só os farmacéuticos poden dispensar fármacos".

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 20/01/2020 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

O Colexio oficial de Farmacéuticos de Ourense, do mesmo xeito que outras organizacións colexiais provinciais, alertou do "perigo que pode supor para a saúde" o feito de "seguir as recomendacións de influencers prescriptores de medicamentos".

Así o trasladou a entidade colexial nun comunicado de prensa, no que explica que "é especialmente sensible e permanece moi vixiante" en relación ás intervencións de "influencers prescriptores de medicamentos, que poidan divulgarse a través das redes sociais e Internet para denuncialas ante o Consello Xeral de Colexios Farmacéuticos de España".

"Trátase dunha recomendación que nos suxire o propio Consello", destacou o presidente do COFO, Santiago Leys Vence, posto que "este organismo está a articular un plan de acción en colaboración coas autoridades sanitarias para responder a este tipo de prácticas", abundou. Unhas prácticas que, conclúe o presidente do Colexio oficial de Farmacéuticos de Ourense no comunicado, "poden supor un perigo para a saúde".

Ademais, indicou que "a publicidade dos medicamentos, con e sen receita, está sólidamente regulada e controlada" e incorpora a mensaxe de que "en caso de dúbida, se consulte ao farmacéutico", matiza. Deste xeito, poderase garantir "de forma responsable o bo uso dos fármacos", destacou.

Para os farmacéuticos de Ourense, a proliferación de "influencers que recomendan determinados medicamentos, principalmente por Internet, entraña unha serie de perigos" posto que, explican, "estas recomendacións sen criterio técnico, non profesionais, non adoitan ter en conta as singularidades e a sintomatoloxía de cada paciente (alerxias, intolerancias, etc.)".

Por este motivo, Leys Vence quere lembrar aos cidadáns que se absteñan de seguir estas recomendacións, xa que "só os profesionais sanitarios poden prescribir e só os farmacéuticos poden dispensar fármacos".

Farmacia
Farmacia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta