A Real Academia de Ciencias de Galicia inicia o curso este martes coa entrada de cinco novos membros

Luís Liz, Xosé Ramón Bustelo, Aníbal Figueiras, Beatriz González e Manuel de León ingresan como académicos.

Por E.P. | A Coruña | 20/01/2020 | Actualizada ás 18:50

Comparte esta noticia

Luís Liz Marzán, Xosé Ramón Bustelo, Aníbal Figueiras, Beatriz González e Manuel de León farán oficial este martes o seu ingreso como membros da Real Academia de Ciencias de Galicia.

Os novos académicos entrarán a formar parte da RACG nunha cerimonia que coincide coa apertura do novo curso na institución nun acto no Pazo de San Roque de Santiago con presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

A academia destaca que con estas novas incorporacións "de recoñecido prestixio" increméntase a nómina de científicos para contribuír á promoción da ciencia en Galicia.

Luís Luiz-Marzán, natural de Lugo, está considerado como un dos pioneiros no campo da nanoplasmónica e as súas aplicacións na biomedicina; mentres que Xosé Ramón Bustelo --Padrón (A Coruña)-- é profesor no CSIC e investigador principal no Centro de Investigación Biomédica sobre o Cancro (Ciberonic).

Pola súa banda, a viguesa Beatriz González é experta en investigación da saúde pública e da prevención, Aníbal R. Figueiras exerce como profesor da Universidade Carlos III e está especializado en aprendizaxe de máquinas.

O último dos novos académicos da RACG, Manuel de León (Zamora) exerceu como docente na USC ata incorporarse ao CSIC, onde fundou o Instituto de Ciencias Matemáticas (ICMAT).

Feijóo con investigadores do CHUS
Feijóo con investigadores do CHUS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta