Rescatado un traballador atrapado pola caída dunha parede cando desmontaba un local de oficinas en Bergondo

Ocorreu no Polígono Industrial ubicado na parroquia de Lubre.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2020 | Actualizada ás 16:36

Comparte esta noticia

Un operario foi rescatado tras quedar atrapado pola caída dunha parede mentres desmontaba un local de oficinas no termo municipal de Bergondo (A Coruña).

Polígono de Bergondo
Polígono de Bergondo | Fonte: Comunidade de Propietarios.

Segundo informou o 112 Galicia, para liberalo, solicitaron a intervención dos Bombeiros de Betanzos, que localizaron o ferido atrapado polas pernas.

Unha vez liberado, o operario foi evacuado en ambulancia a un centro hospitalario para ser atendido das lesións provocadas pola caída dun tabique cando traballaba nas instalacións situadas na parroquia de Lubre, concretamente no Polígono Industrial de Bergondo.

Ao lugar do accidente acudiron efectivos dos servizos de emerxencias en canto o 112 Galicia recibiu a chamada de alerta dunha persoa particular ao mediodía.

Ademais de profesionais sanitarios e de efectivos de salvamento, ao lugar do accidente acudiron os axentes da Policía Local e da Garda Civil co fin de coñecer os detalles do sucedido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta