Intoxicadas tres persoas debido ao mal funcionamento dunha estufa na Coruña

Foron evacuadas na madrugada deste mércores ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac).

Por E.P. | A CORUÑA | 22/01/2020 | Actualizada ás 10:06

Comparte esta noticia

O mal funcionamento dunha estufa de queroseno provocou este mércores unha intoxicación aos tres ocupantes dunha vivenda situada na Rúa Mosteiro de Toxos, na Coruña, que foron evacuados.

Segundo informou o 112 Galicia, os afectados foron evacuados na madrugada deste mércores ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac) despois de recibir os primeiros coidados sanitarios no propio domicilio.

O 112 Galicia recibiu a alerta pouco antes das 5,00 horas deste mércores, cando persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 comprobou mediante o detector de CO2 da ambulancia que había presenza de gases no interior da vivenda.

Por iso, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informou os Bombeiros da Coruña co fin de determinar a orixe da fuga que, despois de realizar as medicións correspondentes, apuntaron a "unha estufa de queroseno que queimaba mal", sinalaron as mesmas fontes de emerxencias.

Esta situación provocou a intoxicación do tres ocupantes do inmoble. En concreto, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias, o 061 enviou dúas ambulancias de soporte vital básico que levaron ao Hospital ao home J.V.M., de 52 anos; á muller M.C.T.A., de 50 anos, e á moza A.V.T., de 26 anos.

Ademais, o operativo contou coa colaboración dos axentes da Policía Local.

Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC)
Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) | Fonte: Nemigo en Wikipedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta