Ferido un operario nas obras do AVE en San Cibrao das Viñas

Recibiu un golpe no peito cunha máquina.

Por E.P. | OURENSE | 22/01/2020 | Actualizada ás 10:02

Comparte esta noticia

Un operario resultou ferido na madrugada deste mércores e foi asistido polos servizos sanitarios de urxencia despois de recibir un golpe cunha máquina cando traballaba nas obras do AVE no municipio de San Cibrao das Viñas.

Segundo informou o 112 Galicia, este accidente tivo lugar sobre as 1,30 horas deste mércores do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, onde se realizan traballos para a liña ferroviaria.

As mesmas fontes indicaron que foi un compañeiro do traballador ferido quen contactou co 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente debido ao golpe que recibiu no peito cunha máquina.

Tras iso, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias avisou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Garda Civil. O operario foi evacuado a un centro hospitalario en estado consciente, pero cunha "forte dor no peito", indicaron as mesmas fontes.

En concreto, o 061 desprazou ao lugar unha ambulancia de soporte vital avanzado que trasladou ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense ao ferido, T.M.S.C., de 40 anos de idade, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Obras do AVE en Ourense
Obras do AVE en Ourense | Fonte: Lainformación

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta