Os datos do padrón ratifican que Galicia baixou dos 2,7 millóns de habitantes

Un total de 679.784 habitantes teñen 65 anos ou máis, o que supón o 25% da poboación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2020 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

Os datos definitivos do padrón a data de 1 de xaneiro de 2019 ratifican que a poboación de Galicia cae por baixo dos 2,7 millóns de habitantes, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Galicia perdeu 2.244 habitantes ao longo de 2018 e baixa por primeira vez dos 2,7 millóns desde que hai rexistros no Instituto Nacional de Estatística (desde 1998).

Por tramos de idade do total da poboación galega, hai 342.494 nenos --de 0 a 15 anos--, mentres 1.677.221 persoas teñen entre 16 e 64 anos. Pola súa banda, 679.784 teñen 65 anos ou máis, o que supón o 25% da poboación.

Asturias, Castela e León, Estremadura e Galicia son as catro automías que perderon poboación en 2018. En cambio, en España o número de habitantes ascende a 1 de xaneiro deste ano a 47.026.208 habitantes --un 0,6 por cento máis que o exercicio anterior--.

Anciáns camiñando pola rúa.. XUNTA
Anciáns camiñando pola rúa.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta