A guerra sucia dos partidos galegos na Rede

A vitoria depende duns miles de votos e hai menos diñeiro para propaganda. GC desvela algúns dos trucos máis ou menos honestos para desgastar a imaxe dos rivais nesta campaña.

Por Walter Burns | O Irixo | 10/09/2012 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Alberto Nuñez Feijóo prometeu cando era o candidato Feijo09 acabar co paro en 45 días. A maioría dos lectores do GC  tardarán décimas de segundo en cualificar de certa esta frase. Ao fin ao acabo lérona ducias de veces durante esta lexislatura. Mesmo a oposición botoullo en cara ao presidente na Xunta varias veces no Parlamento!

Foto de perfil dunha das parodias de Beiras no Twitter
Foto de perfil dunha das parodias de Beiras no Twitter

As comiñas dos 45 días

Agora tenten atopar a cita textual nalgunha crónica dun mitin do líder conservador en 2009. Ou no seu programa. Ou nalgunha entrevista daquela ...

Non se esforcen moito, pois fracasarán. Como fracasou a semana pasada un traballador dun partido da oposición. Andaba a buscar estes días o 'corte' para incluílo nun Youtube 'anti-Feijóo' para lanzar esta campaña. Tras indagar horas, tivo que admitir que os famosos 45 días era unha lenda alimentada na Internet.

Sirva esta anécdota de exemplo de dúas cousas. A primeira, o poder da Rede para converter un rumor en realidade política. A segunda, a explotación do 'lado oscuro' do ciberespazo que fan a maioría dos partidos galegos nesta precampaña.

Foto do perfil da parodia de Feijóo no Twitter
Foto do perfil da parodia de Feijóo no Twitter

Os powerpoints do PPdeG

Esta guerra suxa ten certa tradición na política galega. En 2009 aos correos electrónicos das  redaccións chegaban a diario Powerpoints sobre 'villa PSOE' e outras presuntas corruptelas da "malgastadora" era Touriño. Mirando o campo de propiedades do arquivo, podíase comprobar que o Powerpoint fixérase no ordenador dun coñecido xornalista, xa daquela membro do equipo de comunicación de Feijóo e hoxe premiado como un dos membros do Consello da Administración dunha importante empresa pública.

Estamos en 2012 e os powerpoints están máis anticuados que os zapatos de punta quilomética. Hoxe Twitter e outras redes sociais dominan construcción da opinión pública.

Quen está detrás dos twitters parodia?

Nos últimos meses inzan os perfís paródicos de políticos galegos. Unha 'plaga' que sofren sobre todo os persoeiros do galeguismo.

Un dos últimos é X.M. Beiras Tostado, 'alterego' do líder de Anova Irmandade Nacionalista. Como era de agardar, hai moita retranca en contra do pacto irmandiño con Esquerda Unida. O catedrático de Económicas é un dos poucos políticos coa 'honra' de inspirar dúas parodias, pois hai outro BeirrasIrritado.

Tamén apandan co seu Rafael Cuíña, dirixente de Compromiso por Galicia, e a súa sombra RajaCuinha ou o xa clásico, por pioneiro, PacoUPG, parodia de Francisco Rodríguez, ex-líder e principal referente ideolóxico da Unión do Pobo Galego, o partido máis numeroso dentro do Bloque.

Máis novos son aínda Pachi Enfurecido (alterego de Manuel Vázquez, candidato do PSdeG) e Feijóo Enfurecido (parodia do máximo mandatario galego). Detrás de todas estas parodias están rivais políticos dos persoeiros parodiados e, nalgún caso, traballadores doutros partidos.

Outra vía para crear opinión valéndose do anonimato da rede son os comentarios nos xornais electrónicos. O propio presidente da Xunta animou nunha reunión a xefes de prensa do Goberno e a cargos do PP a atallar a avalancha de críticas que sofren os 'populares' ante os recortes. "Estanos a derrotar totalmente na Internet", laiouse.

Feijóo e os comentarios nos diarios electrónicos

Ao día seguinte, en GC, cuarto diario electrónico con máis audiencia, comezaban a aparecer comentarios con enlaces ás hemerotecas de La Voz e El Correo, lembrando os supostos malgastos do bipartito.

Unha variedade máis elaborada deste truco consiste en entrar nos "chats" das emisoras de radio, tentando que as súas opinións se colen entren as seleccionadas para ser lidas en antena. GC coñece polo menos un caso dun traballador dun partido que fixo iso en Hora 25 da Cadena Ser. Logo foi contratado como persoal de gabinete da Xunta bipartita.

E é que na campaña, como no amor e na guerra, todo vale. Máis cando non hai tantos cartos para propaganda como 2009. Permanezan, pois, atentos as súas pantallas; pero fágano sempre preguntándose quen se agocha neste xogo de máscaras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 64 comentarios

19 Meu reino por un 5%

Ha ha ha ha Beiras o kamikaze. A este fixolle mais estragos o paso do tempo que a Carmen Sevilla.

1 eusi

Pois non che digo nada o que lle fixo o tempo ao teu PacorroZarzuelas: xa non é candidato de nada pero segue mandando coma a vella sentada co bastón na porta

18 xan soares

o que é impresionante é como están a lavar a imaxe do "presidente da delegación do goberno de España en Galicia" o señor Feijoó, nos xornais galegos. Un home que leva unha lexislatura nefasta, que non convenceu a ninguén e que exerceu de anxo exterminador da identidade galega e agora resulta que é un dirixente fantástico. Bueno, claro para os que cren que Galicia ten que ser unha colonia de Madrid sí que o fixo ben sí.

1 observador

Feijoo 6 meses antes das eleccións do 2009 era un auténtico descoñecido. Os mesmos medios que agora o ensalzan, ou non din nada negativo del aupárono ó poder. Lembrar a prensa galega a 3 meses das eleccións do 2009 e agora é coma o día e a noite. O concurso eólico, os derroches de audis, a sala de xuntas de San Caetano, a cidade da cultura, as portadas con fotos de nais de dependentes preguntando polo señor Quintana, a neveira de quintana, os fotógrafos que morrían por sacalo con fotos con vellos, entrevistas ós de GB, Galicia non se vende, ós sindicatos con calquera problema coa administración... o "Yo acuso" do director de LaCOz por se quedaban dúbidas.. e agora a prensa está mansiña, mansiña...

2 paraca

O que si perdura é aquel odio bloqueiro a todo o que se move que foi quen o afundiu na súa miseria actual. Iríalles mellor amando os tomates coma o Frijolo

3 ei paraca

paraca vaia teima en que se algúen contesta ás intoxicacións contra o Bloque xa vos odian. Non é para tanto home

4 paraca

O que vos perdeu non foron os Audis, foi o voso resentimento contra o electorado consciente/crítico deste país (GNSV...). Quería dicir. Pero non vos privedes, seguide odiando que é xerundio e ademais agora tanto ten.

17 DMJ

http://ppdegalicia.com/es/sala-de-p... Esta é a páxina que contiña por escrito os bulos cos que gañaron en 2009. Pero resulta que vas, pinchas e...404 NOT FOUND. Vamos, eliminárono

2 meparto

DMJ, deje de inventar payasadas, lo de los 45 días es un bulo como el de que Quitana le pegaba a su mujer, mentira deje de engañar y manipular por un mísero voto

16 mansdodemo

O millor nome para ANOVA e EU é....Siriza galega.

1 mansdodemo

Penso eu.

2 Xurxo

Sí, polo do griego que IU lle vai facer á Anova nun futuro non moi lonxano.

3 O vello e o mal

Vendo a foto do señorito da Reboraina é mais axeitado kamikazes.

4 eusi

Polo menos seguro que foden mais e están mais contentos cós amargados da UPG

15 sunrise

Mira que esquencervos de Sei o que nos figestes... nos últimos 4 anos https://www.facebook.com/seioque e de Feijoonymous https://www.facebook.com/feijoonymo... :D