A guerra sucia dos partidos galegos na Rede

A vitoria depende duns miles de votos e hai menos diñeiro para propaganda. GC desvela algúns dos trucos máis ou menos honestos para desgastar a imaxe dos rivais nesta campaña.

Por Walter Burns | O Irixo | 10/09/2012 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Alberto Nuñez Feijóo prometeu cando era o candidato Feijo09 acabar co paro en 45 días. A maioría dos lectores do GC  tardarán décimas de segundo en cualificar de certa esta frase. Ao fin ao acabo lérona ducias de veces durante esta lexislatura. Mesmo a oposición botoullo en cara ao presidente na Xunta varias veces no Parlamento!

Foto de perfil dunha das parodias de Beiras no Twitter
Foto de perfil dunha das parodias de Beiras no Twitter

As comiñas dos 45 días

Agora tenten atopar a cita textual nalgunha crónica dun mitin do líder conservador en 2009. Ou no seu programa. Ou nalgunha entrevista daquela ...

Non se esforcen moito, pois fracasarán. Como fracasou a semana pasada un traballador dun partido da oposición. Andaba a buscar estes días o 'corte' para incluílo nun Youtube 'anti-Feijóo' para lanzar esta campaña. Tras indagar horas, tivo que admitir que os famosos 45 días era unha lenda alimentada na Internet.

Sirva esta anécdota de exemplo de dúas cousas. A primeira, o poder da Rede para converter un rumor en realidade política. A segunda, a explotación do 'lado oscuro' do ciberespazo que fan a maioría dos partidos galegos nesta precampaña.

Foto do perfil da parodia de Feijóo no Twitter
Foto do perfil da parodia de Feijóo no Twitter

Os powerpoints do PPdeG

Esta guerra suxa ten certa tradición na política galega. En 2009 aos correos electrónicos das  redaccións chegaban a diario Powerpoints sobre 'villa PSOE' e outras presuntas corruptelas da "malgastadora" era Touriño. Mirando o campo de propiedades do arquivo, podíase comprobar que o Powerpoint fixérase no ordenador dun coñecido xornalista, xa daquela membro do equipo de comunicación de Feijóo e hoxe premiado como un dos membros do Consello da Administración dunha importante empresa pública.

Estamos en 2012 e os powerpoints están máis anticuados que os zapatos de punta quilomética. Hoxe Twitter e outras redes sociais dominan construcción da opinión pública.

Quen está detrás dos twitters parodia?

Nos últimos meses inzan os perfís paródicos de políticos galegos. Unha 'plaga' que sofren sobre todo os persoeiros do galeguismo.

Un dos últimos é X.M. Beiras Tostado, 'alterego' do líder de Anova Irmandade Nacionalista. Como era de agardar, hai moita retranca en contra do pacto irmandiño con Esquerda Unida. O catedrático de Económicas é un dos poucos políticos coa 'honra' de inspirar dúas parodias, pois hai outro BeirrasIrritado.

Tamén apandan co seu Rafael Cuíña, dirixente de Compromiso por Galicia, e a súa sombra RajaCuinha ou o xa clásico, por pioneiro, PacoUPG, parodia de Francisco Rodríguez, ex-líder e principal referente ideolóxico da Unión do Pobo Galego, o partido máis numeroso dentro do Bloque.

Máis novos son aínda Pachi Enfurecido (alterego de Manuel Vázquez, candidato do PSdeG) e Feijóo Enfurecido (parodia do máximo mandatario galego). Detrás de todas estas parodias están rivais políticos dos persoeiros parodiados e, nalgún caso, traballadores doutros partidos.

Outra vía para crear opinión valéndose do anonimato da rede son os comentarios nos xornais electrónicos. O propio presidente da Xunta animou nunha reunión a xefes de prensa do Goberno e a cargos do PP a atallar a avalancha de críticas que sofren os 'populares' ante os recortes. "Estanos a derrotar totalmente na Internet", laiouse.

Feijóo e os comentarios nos diarios electrónicos

Ao día seguinte, en GC, cuarto diario electrónico con máis audiencia, comezaban a aparecer comentarios con enlaces ás hemerotecas de La Voz e El Correo, lembrando os supostos malgastos do bipartito.

Unha variedade máis elaborada deste truco consiste en entrar nos "chats" das emisoras de radio, tentando que as súas opinións se colen entren as seleccionadas para ser lidas en antena. GC coñece polo menos un caso dun traballador dun partido que fixo iso en Hora 25 da Cadena Ser. Logo foi contratado como persoal de gabinete da Xunta bipartita.

E é que na campaña, como no amor e na guerra, todo vale. Máis cando non hai tantos cartos para propaganda como 2009. Permanezan, pois, atentos as súas pantallas; pero fágano sempre preguntándose quen se agocha neste xogo de máscaras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 64 comentarios

14 observador

O individuo este Feijoo, para os que coma Santo Tomás precisan poñer o dedo na chaga para ter fe (tampouco hai videos do feito na rede, non os busquedes)deixou un videodocumento, o "Contrato con Galicia", todo serio e digno, como soe ser o fulano cando se pon serio e digno. Lede o contrato que fixo cos galegos. E pensade se nestes 4 anos este señor cumpriu o contrato ou non. Se hai incumprimento entón é un farsante e un cantamañanas, e o 21 de Outubro deberíamos facerllo saber. O resto... contiños da feira...

13 observador

Tampouco está moi claro que Julio César dixese aquilo de "Tu también Bruto?", porque non atopei ningún video no Youtube...E de Jesucristo dicindo aquilo de "Perdónalos señor..." non atopei nada nin en Facebook, twitter, youtube.. conclusión, tanto Julio César coma Jesucristo foron duas personaxes históricas falsas, coma toda a súa obra...En cambio Goebbles foi un ministro de información brillante, que non mentiu nunca, sempre dixo a verdade e poidera ser que fixera algunha queima de libros polo sanxoán. Con estes sesudos argumentos pérdome a verdade, non sei se buscar en Youtube a ver se me atopo....

1 Observador

Perdeste porque non das mais de ti. Existen un sinfin de bulos e trolas que moita xente da por certo. Ningún sistema mais manipulador e troleiro que os mass-media de propaganda capitalista. Goebbels seria un f. de p. pero tiña mais clase e intelixencia do que tes ti. Os nazis usaban eufemismos, aforismos, retoricas pra disfrazar o seu discurso. De feito nunca Hitler chamou ratas aos xudeos como moita xente pensa. Non existen documentos testemuñas do exterminio xudeo, deportacións etc si. Agás algunha velada referencia na sonada conferencia das aforas de Berlin de Heydrich, Muller e demais. Un ten que saber filtrala información, pero para eso unha cura de desintoxicación dopatica faise necesario. Demasiada información é igual a castración.

2 observador

Pois menudo tocallo me tocou en sorte¡¡. Nada rapás, se para informado xa estás tí. Tes rasón, todo é produto da propaganda dos últimos 70 anos para ocultarnos a verdade da Alemania dos anos 30. Eran uns santos. As fotos das tendas queimadas, os carteis con insultos ós xudíos ás portas dos comercios, as fotos e videos dos campos de exterminio, os millóns de xudios que estaban e logo deixaron de estar, todo mentira, propaganda e produto o exceso de información. Quedoume todo claro. Non che dou a rasón porque xa a tés tí. As cousas hai que tomalas coma de quen veñen.

3 XanKaraLLás

Observador: O que está claro é que Julio César non dixo o que ti dis en castelán ("Tu también Bruto?").

4 Observador

Neguei eu o holocausto? aprende a ler e non fagas onanismos mentais.

5 O Príncipe dos Mouros

Ultimamente pulula por estes foros moita borralla nazional-sozialista e veñen aquí espallaren o seu onanismo mental e cuspiren o seu veleno antisemita. Por sorte, eu xa estou vacinado contra posibles infeccións.

6 O principe das moscas

Home o sarasa na zi sionista ataca de novo. Ti e as tuas lucubracións-lubricacións fai que o cú se che dilate tante que chega aos miolos. Normal que botes bostas en troques de ídeas.

7 O Príncipe dos Mouros

Xa lestes a última dos vosos amigos os teócratas aiatolás, aliados do BNG, cuxos consellos de paz e amor saen publicados en Terra e Tempo? Agora resulta que a afectividade homosexual é unha conspiración sionista para dominar o mundo: http://www.dosmanzanas.com/2012/09/... Hahahaha!! COMO O SOUBESTES?!!! ^^ Descubrístesnos! Buaaaah neno! Sodes uns cracks! Superádesvos a cada día xentiña! Superádesvos!

8 O Príncipe dos Mouros

Xa me fixera eu tamén eco deste descubrimento merecedor dun premio Nóbel que cambiará o destino da Humanidade no meu pequeno espazo antisemita e anti-gay da rede: http://bajolaatmosferadeurano.blogs... contra o nazional-sozialismo e os nazional-sozialistas infiltrados en partidos da esquerda, coma ti.

9 Yes, you can.

Ha ha ha ha esforzate un pouco mais que ti podes troll sarasa, esas son webs de illuminatis coma ti. Na de Todo está relacionado si que os poñen a parir, pero non é socialista cecais che guste porque son tan reaccionarios coma ti , mais por suposto con moita mais clase e intelixencia da que ti podas ter..

10 O principe das moscas

Oes Principe, oiches falar do ianqui Scott Lively? escribeu un moi interesante ensaio sobre a homosexualidade durante o periodo na zi The pink swastica Homosexuals and the na zy party. É ben sabido que Hitler tiña mais pluma que Paco Clavel, e o partido estaba cheo de homosexuais e bisexuais. Como Ernst Rohm que encheu as SA de homosexuais con camisas pardas. Ou Frank ou mesmamente Rudolph Hess amante de Hitler.

11 O Príncipe dos Mouros

Non son webs de ningúns "illuminatis" nin tampouco de "reaccionarios". Tanto Dos Manzanas coma Gay Star News son portais de novas LGTB que denuncian a violación de dereitos humanos en rexímenes teocráticos coma Irán. Por outra parte, eu téñome por socialdemócrata e son infinitamente máis intelixente ca ti. Non volvas dirixirte a min con ningún insulto homófobo, nin ti nin ningún outro militante do BNG. Esíxoche que me trates con respecto.

12 anonimo

Estou dacordo, pero para esixir respecto, antes hai que predicar co exemplo.

13 anonimo

Por certo Principe, leiches o artigo de inicio de dosmanzanas no que se fala de que o 65% de gays e lesbianas do estado que sufren acoso pensan no suicidio?. Lembrome que unha vez reicheste de min porque dixen que moitas veces se usan as denuncias de violacións de dereitos noutros paises (cousa que compre facer) coma cortina de fume das violacións aqui.

14 O Príncipe dos Mouros

Unha cousa non quita a outra. Temos, como seres humanos, dotados como estamos de razón, capacidade cerebral dabondo, grazas ao cerebro compartimentado, para ocupármonos de varias cousas ao mesmo tempo. Que marabilla, eh? Hai unha diferenza fundamental entre pendurar ducias de adolescentes dunha grúa cunha corda ao pescozo tódolos anos nun crime de estado e denuncialo, e outra moi distinta facer a vista gorda hipócrita, porque ao comunismo non lle interesa criticar o principal inimigo de Israel, desviando a atención a outras cuestións.

15 O Príncipe dos Mouros

A rede está chea de homosexuais que denuncian os crimes en Irán. Non son eu o único tolo ao que se lle deu por Irán: 1 http://nivorg.blogspot.com.es/ 2 http://nematsafavi.blogspot.com.es/... Amnistía Internacional: http://www.es.amnesty.org/exposicio... Por que o BNG pretende instrumentalizar os gays e lesbianas? Non somos os vosos amigos. Non queremos selo. Vós e a vosa hipocresía sodes precisamente o noso meirande inimigo. E con respecto aos suicidios, é un 43%: http://www.dosmanzanas.com/2012/09/... Case todos pasamos por iso na escola. É lei de vida.

16 O Príncipe dos Mouros

Quen nos ía dicir a nós que acabariamos facendo fronte común co sionismo? Pero que queres que lle faga? Eu en Irán estou CO POBO como estou en todas partes: http://missionfreeiran.org/ Coas mulleres, expulsadas das universidades; cos gays e lesbianas, obrigados baixo pena de morte a armarizárense, cos ateos, cos estudantes disidentes, cos prisioneiros políticos. E logo o dereitista son eu e o BNG é de esquerdas? HA... HA... HA! O outro día apareceron en Terra e Tempo unhas declaracións do aiatolá Khomeini no comuio dos países non aliñados, dicindo non sei que. Pero vós a que estades xogando? Desaparecede do mapa de Galicia e facédenos un favor a todos.

17 O Príncipe dos Mouros

E ademais, ten graza que me digas ti a min que me preocupo por cousas que están moi lonxe cando vós tedes a pel moi fina para segundo que cousas, coma as incursións antiterroristas de Israel en Gaza coma a do outro día, que saiu rapidisimamente publicada en Sermos Galiza (e en ningún outro medio máis, non sei por que). Vós os comunistas realmente credes que podedes tomar a xente por parva.

12 Región

11 pinchorla

Dixer o que dixer, dende que está no cargo Galicia ten máis parad@s que nunca e sin ver ao lonxe nada que nos faga trocar a opinión do seu mandato.

10 suber

En memoria histórica son moi comúns os fakes. Por exemplo cando pintaron un xugo e tres flechas nunha lápida en memoria dos represaliados no cemiterio de Pereiró; ou cando inauguraran un monumento no cemiterio de Ourense e fixeran tres pintadas. Tamén lembro que deputado dixera que Juan Canalejo era un asasino, a grito tendido no Parlamento, cando ningún historiador ten constancia de que matase a alguén e sí de que foi paseado en Madrid. E o Sr. Deputado ao mellor non o sabía pero por existir entre as listas de "caídos por Dios y por España" un comandante de Artillaría de nome Carlos Aimerich Luego, ao mellor parece raro que non o soubese, non sei se me explico. Buscan o efecto, non ir ao fondo da cuestión :)