A CIG realiza a primeira protesta contra o novo goberno central

Delegados sindicais concéntrase na Coruña para reclamar a derrogación "íntegra" das reformas laborais.

Por E.P. | A CORUÑA | 22/01/2020 | Actualizada ás 19:52

Comparte esta noticia

Delegados e delegadas da CIG concentráronse ante a Delegación do Goberno en Galicia para esixir a derrogación "íntegra" das reformas laborais. Ademais, tamén solicitaron a derrogación das reformas das pensións e a negociación colectiva, así como medidas urxentes para reverter "a grave crise industrial" en Galicia.

A protesta forma parte do calendario de mobilizacións que a central sindical está a levar a cabo "para esixir na rúa a recuperación dos dereitos roubados á clase traballadora para poder avanzar" e precede na xornada de mobilizacións que ten convocada para o 30 de xaneiro no sete cidades galegas.

O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, que participou na concentración, insistiu en que "non valen maquillaxes nin reformas parciais" a este respecto. "Hai que ir á derrogación íntegra e urxente das reformas laborais de 2010 e 2012 e das pensións de 2011 e 2013", insistiu, ademais de cualificar de "imprescindible" esta decisión para crear "emprego digno".

Concentración de delegados da CIG para esixir a derrogación das reformas laborais, de pensións e negociación colectiva. CIG
Concentración de delegados da CIG para esixir a derrogación das reformas laborais, de pensións e negociación colectiva. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Breijar

Na cúpula do BNG ordenan, e na dirección da CIG obedecen. E mentres, as bases obreiras do sindicato, os que pagamos as cuotas, temos que ver con abraio como unha ferramenta fundamental para a defensa e mobilización da nosa clase se convirte nunha marioneta ao servizo dos fins electorais do reformismo autonomista blocallo.