As adegas Marqués de Vizhoja prevén unha caída de máis do 30% nas vendas en Estados Unidos

O presidente da entidade lamentou que agora teñan "esta dificultade por unha decisión política que afecta gravemente á industria agroalimentaria española".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2020 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

As adegas Marqués de Vizhoja prevén unha caída superior ao 30% nas vendas en Estados Unidos e censuraron que o viño español compita "en inferioridade de condicións con respecto a outros países" neste mercado debido aos aranceis decretados polo goberno de Donald Trump.

Nun comunicado remitido aos medios, o presidente da entidade, Jorge Peláez, destacou que os primeiros datos apuntan xa a que a caída superará o 30% se se manteñen estes aranceis, especialmente nos "viños máis caros".

"Á marxe do negativo da medida en si, hai que ter en conta que só afecta a catro países, polo que España está agora mesmo en inferioridade de condicións con respecto a Italia ou Portugal, por poñer exemplos próximos", indicou o responsable de Marqués de Vizhoja.

Peláez sinala que o sector do viño español está aínda máis prexudicado con respecto a Chile, Arxentina, Sudáfrica, Australia ou Nova Zelandia, mercados moi puxantes nos últimos anos en Estados Unidos.

A adega galega destacou que vendeu durante o ano pasado 63.000 botellas en Estados Unidos e 47.000 en Porto Rico e asegura que os seus viños "son moi valorados" en lugares como Nova York e Mianmi.

"Levo desde 1997 viaxando cada ano a Estados Unidos, onde os viños de Adegas Marqués de Vizhoja teñen unha gran aceptación, é unha pena que agora teñamos esta dificultade por unha decisión política que afecta gravemente á industria agroalimentaria española", indica.

Por iso, apelou á "unión". "O sector xa mantivo reunións co Goberno e esperemos que as negociacións ou as posibles medidas de presión fornezan efecto", manifestou.

Adegas Marqués de Vizhoja
Adegas Marqués de Vizhoja | Fonte: Adegas Marqués de Vizhoja

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta