A Comisión Europea precisa que a data de chegada do AVE a Galicia só "depende das autoridades nacionais"

Fíxoo tras fixar para "xaneiro de 2022" a chegada da alta velocidade.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 23/01/2020 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

O portavoz da Representación da Comisión Europea en España, Ioannis Virvilis, precisou que a data de conclusión das obras do AVE e a súa chegada a Galicia "depende das autoridades nacionais" e non desta institución.

Obras do AVE no concello ourensán de Vilariño de Conso
Obras do AVE no concello ourensán de Vilariño de Conso | Fonte: © Miguel Núñez.

Fíxoo tras fixar para "xaneiro de 2022" a chegada do AVE a Galicia durante un encontro con medios de comunicación na Coruña para abordar as diferentes políticas comunitarias vinculadas co país.

Lembrou o investimento de 226 millóns anunciado pola Comisión Europea para as obras do tramo entre Lubián (Zamora) e Taboadela (Ourense) e que incluían unha previsión de que o AVE a Galicia non estará listo ata xaneiro de 2022.

Ao referirse tamén o portavoz da Representación da Comisión Europea en España a este prazo, fronte ao dado polo Goberno español —a finalización das obras nos próximos meses— Virvilis asegurou que se trata dunha data en base "á información" da que dispón a Comisión Europea.

"Con todo, estes grandes proxectos pódense atrasar ou construír máis rápido", precisou a este respecto. Sobre a información da que dispón a Comisión Europea en relación aos prazos do AVE, incidiu en que a data sobre a conclusión desta obra "é algo que depende das autoridades nacionais e non da Comisión Europea".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta