O exministro Caamaño defende unha Constitución federal para España

Rebate así as voces que insisten en que o Estado xa conta con este modelo na actual Carta Magna.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2020 | Actualizada ás 21:08

Comparte esta noticia

O exministro de Xustiza, Francisco Caamaño, defendeu este xoves a conveniencia de que España se dote dunha constitución federal, rebatendo así ás voces que insisten en que o Estado xa conta con este modelo na actual Carta Magna.

Francisco Caamaño
Francisco Caamaño

"Por unhas e outras razóns á España do século XXI non parece satisfacerlle o modelo territorial de 1978", sinalou, durante a súa intervención na conferencia 'Silencios constitucionais e ordenación territorial', impartida na Coruña.

O catedrático e exministro socialista analizou este xoves na Real Academia Galega de Xurisprudencia e lexislación a Constitución española e o seu futuro.

Alí, sinalou que en toda constitución hai ausencias deliberadas e acordos tácitos que impresos non sobrevivirían, pero apuntou á aparente insatisfacción desde diversos sectores da sociedade sobre o modelo territorial vixente desde o 78.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta