Piden tres anos de prisión para un home acusado de apropiación de diñeiro nun intercambio comercial

Por E.P. | CORUÑA, A | 26/01/2020 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña celebra o luns, día 27, o xuízo contra un home acusado de apropiarse de diñeiro que ía ser destinado a unha operación de importación de chatarra desde Liberia a España, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

A Fiscalía pide para el tres anos de cárcere. Ademais, solicita para unha empresa presuntamente implicada no caso a pena de multa de 1.594.976 euros, é dicir, o cuádruplo da cantidade obxecto de defraudación.

No seu escrito de cualificación dos feitos, o Ministerio Público sostén que o acusado, nunha data indeterminda, pero próxima a novembro de 2010, propuxo a uns terceiros o financiamento dunha operación de importación de chatarra desde Liberia e con destino a España.

O home actuaba como intermediario entre a empresa da que era administrador e que se encargaría de contratar o frete a España e vender dita chatarra a dúas empresas. Por este motivo, recibiría distintas cantidades de diñeiro, que, segundo o Ministerio Público, non destinou ao fin pactado nin tampouco retribuíu.

Diñeiro
Diñeiro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta