Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2020 | Actualizada ás 19:49
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, presentou unha pregunta escrita ao Goberno central "para saber por que o Estado segue incumprindo a legalidade" e "non respecta a forma oficial dos topónimos galegos".
E é que, segundo explica o Bloque, a nova páxina web da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (Muface), adscrita ao Ministerio de Política Territorial e Función Pública, incumpre a lei de normalización lingüística ao incluír na listaxe das súas oficinas as cidades de 'Orense' e 'La Coruña'.
Neste sentido, o BNG lembra que a toponimia oficial de Galicia foi establecida polo artigo 10 da Lei 3/1983, de 15 de xuño, de Normalización Lingüística de Galicia.
Paralelo a todo iso, a formación nacionalista insiste nas recentes recomendacións que o Consello de Europa dirixiu a España, advertindo que está "a incumprir as súas obrigacións como asinante da Carta Europea das Linguas" e que "non respecta os dereitos lingüísticos dos galegos e galegas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.