Protestas en todos os campus galegos en contra da universidade privada que quere implantar Abanca

Sindicatos docentes e estudantís únense nunha plataforma para facer fronte á "mercantilización dos estudos superiores".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2020 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

Os sindicatos de profesorado e de alumnado organizaron unha fronte común en contra do proxecto de universidade privada de Abanca, que suporía a constitución da primeira entidade académica desta índole na historia da comunidade e un paso máis cara á "mercantilización dos estudos superiores", segundo denuncian, en detrimento do sistema público.

En contraposición, constituíron a 'Plataforma Galega en defensa da Universidade Pública', e convocaron mobilizacións en todos os campus universitarios galegos o próximo 11 de febreiro para tentar incentivar un "clamor social" ante este intento de converter a estes estudos en "campo de mercadeo" e de negocio, competindo directamente coas institucións públicas.

Suso Bermello, da CIG-Ensino, presentou en rolda de prensa esta iniciativa acompañado de membros de CC.OO, UHT e dos sindicatos Erguer e Anega, que buscan estendela "a toda a sociedade galega". A plataforma alertou do perigo social deste proxecto privado, a chamada 'Universidade Intercontinental da Empresa', co que se vai a "facer un marco para que fagan negocio" fronte a educación pública do mesmo xeito que no seu día se "regalaron" as caixas de aforro a Banesco.

Isto prodúcese en paralelo, insistiron, a unha oferta que se está retirando ás tres universidades, depuración de títulos e que agora pasa pola "privatización" da educación superior.

COMPETICIÓN DIRECTA

Un proxecto que tampouco se propón como unha alternativa á oferta existente nas universidades galegas actuais, posto que dedicará o seu mapa académico ao marco xurídico e social e á enxeñaría e arquitectura, áreas que contan con opcións "suficientes" no sistema público.

Deste xeito, entraría a "competir directamente" coa oferta do sistema universitario galego, e tería consecuencias nos recursos e nos cadros de persoal destas institucións, sobre todo polo potencial descenso de alumnos debido ao impulso desta universidade privada.

Estas características suporían unha vulneración da lexislación de universidades da comunidade autónoma e do Goberno central, avisaron, para lembrar que toda iniciativa deste tipo de nacer do "interese xeral" e non "do ánimo de lucro". Por iso, é necesario "dar unha resposta" e sacar esta situación "ás rúas" da comunidade autónoma e chaman a todos os interesados a sumarse ás mobilizacións expostas para o próximo mes, ademais de sumarse á plataforma.

Firma do convenio entre Abanca, Afundación e a Asociación Galega de Empresa Familiar.. ABANCA
Firma do convenio entre Abanca, Afundación e a Asociación Galega de Empresa Familiar.. ABANCA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta