Alumnos do IES Universidade Laboral de Culleredo reclaman á Xunta que non retire o Bacharelato do centro

Fan público un manifesto para expresar o seu rexeitamento ao seu traslado ao instituto Rego de Trabe para que imparta Secundaria.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 28/01/2020 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

Alumnos do IES Universidade Laboral fixeron público un manifesto para expresar o seu rexeitamento á decisión da Xunta de suprimir o Bacharelato neste centro a partir do próximo curso e cedelo ao instituto Rego de Trabe para que imparta Secundaria.

Universidade Laboral de Culleredo.
Universidade Laboral de Culleredo.

Ante o que pais e estudantes consideran unha situación "inxusta", fixeron público un manifesto redactado polos propios estudantes onde explican, achegando elementos como vídeos, os seus argumentos para rexeitar a medida e tratar de "reverter" o que cualifican como unha "imposición".

Nun escrito no que se preguntan por que teñen que marchar da Universidade Laboral, rexeitan unha medida que se lles trasladou o pasado 22 novembro, á vez que defenden a súa permanencia no centro "polas súas instalacións, a independencia que nos dan, as materias que oferta e o profesorado que ten".

Entre outras cuestións, aseguran que "os laboratorios quedarían moi afectados se se desmantelan para outras actividades" e inciden, ademais, en que algúns ciclos de FP se verían tamén "afectados".

"Non teñen dereito a xogar co noso futuro", sinalan os estudantes, que rexeitan ter que cambiar de centro en segundo de bacharelato e reclaman poder "graduarse" na Universidade Laboral.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta