O Concello da Coruña personarase no preito sobre Meirás

A Deputación está á espera de que llo permitan.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 29/01/2020 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

O Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña admitiu que o Concello da Coruña se persone no preito xudicial sobre a propiedade do Pazo de Meirás, segundo informaron a Europa Press fontes municipais.

Pola súa banda, a Deputación da Coruña explica que está á espera da resolución que permita a súa comparecencia, tras solicitalo. Faino coincidindo coa celebración este venres dunha vista previa.

Cun documento en que se inclúe a relación da institución cos feitos xulgados, a Deputación da Coruña solicitou poder personarse como parte no preito. Ante esta petición, o xulgado deu tamén traslado da solicitude ás demais partes personadas.

Segundo explica, pediuno lembrando "que fora a promotora, no anterior mandato, da creación da Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás --composta por concellos, entidades da Memoria Histórica, a Real Academia Galega e as universidades galegas-- como ferramenta para reivindicar a recuperación do inmoble en mans da familia Franco".

Tamén remarca que a institución provincial encargou a elaboración dun informe xurídico e outro histórico "que avalaron a reclamación do inmoble e que foron fundamentais á hora de iniciar o camiño da vía xurídica para recuperar a propiedade", incide nun comunicado.

Pazo de Meirás propiedade dos herdeiros de Francisco Franco. EUROPA PRESS - Arquivo
Pazo de Meirás propiedade dos herdeiros de Francisco Franco. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta