A APU acapara os postos de saída do BNG

Abrente ten tres e o MGS, ningún. Houbo discusións para confeccionar as listas pero sen clima de enfrontamento, como outros anos. Diferencias na UPG de Lugo a conta do cabeza de lista desta provincia.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 17/09/2012 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A Alternativa pola Unidade, ás siglas da coalición na que se presentou a UPG na pasada asemblea nacionalista, acapara os postos de saída das listas do BNG ás vindeiras eleccións autonómicas. Deste xeito, e se se repetiran os mesmos resultados que hai tres anos e medio, oito dos deputados serían desta coalición, a inmensa maioría militantes da UPG, mentres que tres serían militantes de Abrente- Esquerda Democrática Galega e outro próximo a esta corrente excindida de Máis Galiza.

Reunión entre BNG e asinantes do Acordo de Guernika
Reunión entre BNG e asinantes do Acordo de Guernika

Dos catro primeiros postos da lista da Coruña, tres; Francisco Jorquera, Ana Belén Pontón e Fernando Blanco Parga, son da UPG, mentres que Ana Luísa bouza é de Abrente. En Pontevedra; agás o cabeza de lista, Carlos Aymerich, os tres restantes; Came Adán, Montse Prado e Luís Bará, son da APU, dous deles con carné da UPG. En Lugo, Cosme Pombo tamén milita nesta formación, mentres que Isabel Sánchez Montenegro é de Abrente e en Ourense, repitese o esquema. Tereixa Paz é da UPG, mentres que Xosé Manuel Cid é próximo a Abrente.

Desacordos entre UPG e MGS

Nos postos de saída non hai ningún representante do Movemento Galego ao Socialismo (MGS), a pesares de que a UPG ofreceu a posibilidade de que dous dos integrantes deste colectivo estiveran neles. Sen embargo, non se chegou a ningún acordo porque o partido que presidiu Paco Rodríguez quería impoñer os nomes desas dúas persoas; Paula Castro e Noa Presas.  

A decisión non gustou á dirección do MGS que propuxo, entre outros nomes, os de Xosé Emilio Vicente, ex secretario xeral de Galiza Nova. Un perfil que rexeitou a UPG porque Vicente foi sempre moi crítico con esta formación. Finalmente, non houbo acordo.

Diferencias da UPG en Lugo

Tamén, e segundo as fontes consultadas, houbo dificultades na UPG en Lugo para elixir ao seu candidato a presidir as listas nesta provincia. Así, un sector pretendía que fora Ana Belén Pontón, actual voceira desta formación no Parlamento galego e natural de Lugo. 

Sen embargo, outro sector da UPG en Lugo insistiu en postular outros nomes alegando que as dúas anteriores lexislaturas Pontón foi sempre nas listas da provincia da Coruña. Finalmente, a UPG decidiu situala como número dous na Coruña e postular a Cosme Pombo en Lugo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 93 comentarios

8 aaaaaaaaaag

Todos os candidatos do BNG pertencen a forazas nacionais., non como os de Izquierda Unida al PP, que teñen que ir primeiro a pedir o placet a España, onde os recibe un maltratador de mulleres.

1 Perico Pallotti

Cara de placet tes ti.

2 Breoghain

Dacordo. O Bng o mesmo que Causa Galiza, Partido da Terra, etc são forças nacionais e não apédices ou comparsas trágicomedicas dos hispanos. Podemos criticar a sua praxe política, o seu programa, o seu ideário ou posicioonamento mas são forças galegas. E não é o mesmo patuar com o PsoE para deixar ao PP fora da Junta que ir da mão em coaligação com partidos espanhóis. Os votos para o Bng ou Partido da Terra ou outras organizações galegas não são votos para o PsoE. No caso de Anova+IU sim.

3 Ondiñas veñen

Pactar pra que non goberne ó PP si, pero a cambio de qué? Dunhas migalliñas pra tapar os buratos do aparato, ou pra facer nacionalismo, explicamo e ponme algún exemplo convincente.

4 aaaaaaaaaag

Logo os de Izquierda Unida ides facer como fixestes en Extremadura? Ides deixar gobernar o PP en minoría? Estaría ben que o dixerades claramente.

5 Breoghain

Patuar com o Psoe em caso de não haver maioria absoluta franquista, deveria implicar para o Bng e mesmo para o Psoe um compromiso para limpar Galiza de lixo fascista e caciquil e não fazer como com Tourinho. Mas contudo a crise no nacionalismo pode dividir o voto e que o total não acade os 12 deputados atuais do Bng. Contudo a soberania não será proclamada no Hórreo. A comunidade nacional galega será a que facilite o caminho para a liberdade.

7 Perico Pallotti

Os nacionalistas auténticos de verdade só pactan co Pesoe, que non é de Madrí. E que ademáis só defende os intereses da clase traballadora.

1 Fendetestas

Cara de traballador tes ti

2 Perico Pallotti

Desculpa, pero non entendo eso de "cara de tal".

3 Cara conos

Que clase traballadora? a clase traballadora que traballa explotando coma Ortega? ou a clase traballadora que traballa explotada? coma miña veciña que traballa explotada cosendo para Inditez. Cara de velocidade tes ti, que a confundes co tociño.

4 Cara conos

Saiume Indites por Inditex e tociño por touciño, debe ser cousa de influencias das novas alianzas españolas.

6 Nacionalista Galego

A UPG presidida por Paco Rodríguez? Estaría ben recolocar este artigo e poñelo en opinión en vez de en información, porque non da unha...

5 Fuxido

Tomade a fouce e o martelo, e dicir, destapade a identidade, e asi todo o que acadedes é lexitimo, suposto contrario unaha fraude.

4 Coruñés

Basta xa de lendas urbanas. Creo que deberíades ter un apartado sobre lendas urbanas (reconozo que a xente lle gustan e dan audiencia) que non fora a portada a menos que queirades convertir este xornal nunha especie de "Salvame diario" da política galega.

1 Realiti

Unha lenda urbana as estratexias caciquís e enganabobos da Upg? Quén nos vos coñeza que vos leve pra casa.E grazas a este diario (entre outros) podemos enterarnos de moitas das vosas aventuras, grazas GC.

2 Coruñés

Realiti, eu non son da UPG por ser nin son do BNG, pero a verdade esta obsesión por colocar en titular a UPG xa cansa, sinceramente esta fobia anti-UPG non será unha fobia antinacionalista que inconscientemente practicades. Pareceme curioso que todos os males estexan na UPG e que se fale mais da UPG que de Beiras (aquel democráticamente se postula a si mismo sin consultar as suas bases), do PsoE, PP, en fin espero que faledes mais de política e menos de marujeos