A Xunta anima os emigrados galegos a "traer" a Galicia "o coñecemento adquirido"

O secretario xeral de Emigración subliñou que o Goberno galego "ten en conta os retornados galegos que traen consigo novas iniciativas empresariais que pretenden destacar a innovación do talento galego".

Por E.P. | A CORUÑA | 29/01/2020 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reivindicou a aposta polo retorno emprendedor galego favorecendo a aparición de novas iniciativas empresariais.

"Animo a todos os emprendedores galegos a traer de volta a Galicia todo o coñecemento adquirido", dixo na visita á tenda de decoración australiana 'Wombat' da retornada Kathleen McGinley, que regresou de Australia.

Na súa visita, o secretario xeral de Emigración subliñou que o Goberno galego "ten en conta os retornados galegos que traen consigo novas iniciativas empresariais que pretenden destacar a innovación do talento galego".

O responsable do departamento autonómico tamén destacou as axudas do programa de apoio ao retorno emprendedor, das que dixo que abrirán unha nova edición en próximas semanas.

Antonio Rodríguez Miranda
Antonio Rodríguez Miranda

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Cachirulo

Fannas on line porrque presenciais, ainda sen coroa virus, non lles vai nim deus.