Como evitar a fuga de cerebros integrando ás institucións públicas coas privadas

A UVigo ofrece un doutourado que busca solucións aos problemas medioambientais, de sanidade ou de educación.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/02/2020 | Actualizada ás 08:10

Comparte esta noticia

As saídas laborais en canto á investigación no Estado español non se atopan no seu mellor momento. Para evitar isto, xorden diferentes propostas por parte das universidades. É caso da UVigo co seu novo programa de tesis de doutoramento. A universidade galega abrirá desde o día 6 de febreiro ata o 10 as 7 prazas para matricularse no doutourado de Creatividade e innovación social sostible. 

Xornada de información do doutorado
Xornada de información do doutorado

 

Será a terceira edición do programa, no que colaboran máis de 140 investigadores de todas partes do mundo. Os doutourados duran de 3 a 5 anos de media. Este, busca complementar diferentes sinerxias de diferentes ámbitos para mesturalas entre sí, facéndoas complementarias e multidisciplinarias. Falamos coa presidenta da comisión académica e coordinadora desta nova modalidade, Ana Belén Fernández

 

Galicia Confidencial: Como xurdiu a idea deste doctorao?

A coordinadora do programa de doutoramento da UVigo, Ana Belén Fernández
A coordinadora do programa de doutoramento da UVigo, Ana Belén Fernández

 

Ana Belén: Naceu do propio vicerreitorado de Pontevedra cando creou o Campus Crea, cando intentaron aglutinar todos os ensinos. Identificaron basicamente 6 liñas de investigación, que son as base no noso doutoramento. 

 

A idea do doutoramento é a mesma que a do Campus Crea, é dicir, buscar máis interdiscplinaridade e colaboración entre os diferentes investigadores do campus. Ás veces un está traballando nun tema nos que outros poden estar ligados.

 

G.C: Como se complementan as ensinanzas?

 

A: A particularidade do programa é que se traballan 6 materias en simultaniedade. As 6 semellan moi dispares entre si. Son comunicación, deseño, gobernanza, recursos naturais, educación e saúde. Buscamos que polo menos, dúas delas se toquen entre elas.

 

G.C: Que exemplos de investigacións pode haber?

 

A: Hai un caso dunha tese que vincula a liña de comunicación e a educación, na que se utilizan os videoxogos como ferramenta educativo para os rapaces. Temos outra que busca alternativas e solucións aos problemas que ten Galicia co lume, mestura a liña de gobernanza coa de recursos naturais. Outra diferente é unha desenvolta entre o deseño (concretamente na moda) e a saúde, están traballando na creación de novos tecidos deportivos e que poidan medir cualidades propias da saúde, coma o azucre que se queima nunha actividade física concreta.

 

G.C: Concretamente, a que se refiren as ensinanzas de gobernanza?

 

A: Segue un pouco todas as normas de transparencia, igualdade... Todas as fórmulas para buscar unha integración na sociedade das institucións publicas e privadas. Ten moitos vínculos coa comunicación, como a coorporativa ou comunicación social sostíbel.

 

G.C: Falades na presentación de que a sociedade precisa uns avances, cales serían?

 

A: Son os que están implícitos no propio programa do doutoramento, como a creatividade. Unha persona creativa é capaz de resolver un problema cunha solución nova. Tamén a sustentabilidade, que preocupa as institucións e, por útlimo, os avances relativos á integración social.

 

G.C: Mencionando a sustentabilidade, tedes en conta as liñas establecidas polos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da ONU?

 

A: As teses non só veñen definidas polo programa. Son tamén os propios matriculados os que veñen con propostas. Evidentemente, esas organizacións supranacionais téñense moi presentes porque é o que demandan as empresas e institucións públicas.

 

G.C: Supoño que esas empresas tamén demandan ao traballador "todocampista", non?

 

A: Sí. Por iso o programa é interdisciplinar e multidisciplinar.

 

G.C: Cres que o programa pode servir para evitar a 'fuga de cerebros' que se está a dar e que a xente quede en Galicia?

 

A: Esperemos que sí. De feito, nos dous primeiros cursos tivemos xente de todo o sistema universitario de Galicia. Tamén xente que ven doutras comunidades autónomas, de Portugal ou incluso de Latinoamérica.

 

G.C: Que tipo de perfil buscaría este tipo de doutoramento?

 

A: Normalmente un percorrido máis amplio que os xerais. Busca dous liñas diferentes, pero complementarias. Practicamente todos os másters poderían ter cabida neste doutoramento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta