Por E.P. | A CORUÑA | 30/01/2020 | Actualizada ás 10:39
Unha incidencia do operador de telecomunicacións R deixou os seus clientes sen servizo de internet fixo e móbil en Galicia, segundo informa a compañía na súa páxina web e a través das redes sociais.
En concreto, na súa web explica que "existe un problema que afecta o servizo de internet fixo e móbil en toda Galicia" e precisa que os técnicos están a traballar "para solucionalo canto antes".
De feito, sinalan que a incidencia "xa está en proceso de solución" e que están a recuperar "de forma gradual" o servizo polo que "en breve" se debera ter conexión. Por outra banda, pide desculpas polos inconvenientes que esta incidencia poida ocasionar aos seus clientes, entre os que se atopan particulares, empresas e administracións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.