Endesa activa un plan para recuperar unha especie vexetal ameazada no Parque Eólico de Castelo

Trátase da 'Centaurea ultreiae', que "conta cun delicado ciclo vital e unha vulnerabilidade acusada".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2020 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

Enel Green Power España, a división de enerxías renovables de Endesa, está a desenvolver un plan de recuperación dunha especie vexetal ameazada, a 'Centaurea ultreiae', no Parque Eólico de Castelo, situado entre os municipios coruñeses de Coristanco e Tordoia.

Segundo informou a compañía, a 'Centaurea ultreiae' é unha planta perenne, de brotes laterais subterráneos e grosa raíz que foi descrita por primeira vez en 1987 polo científico Francisco Javier Silva Pando.

Trátase de "un endemismo galego, moi ameazado pola destrución do seu hábitat" e que "conta cun delicado ciclo vital e unha vulnerabilidade acusada", explica Endesa, que aclara, ademais, que a súa reprodución é "moi baixa", pero que tamén pode multiplicarse a partir das súas raíces.

Tras localizar esta especie en terreos do Parque Eólico do Castelo, Endesa encargou un estudo para protexela e favorecer o seu desenvolvemento e expansión. Os expertos acoutaron cinco zonas nas que había 220 plantas, unha superficie que suma uns 2.000 metros cadrados, foron sometidos a unha roza especial, para eliminar a vexetación que competía cos exemplares de 'Centaurea ultreiae' ata afogalos.

Ademais, biólogos e mesmo persoal que traballa no parque realizan labores de seguimento. O resultado da iniciativa é "satisfactorio", porque, apenas un mes despois da primeira roza, contabilizáronse 57 vástagos.

Parque Eólico
Parque Eólico

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta