Feijóo di que a decisión de abrir unha universidade privada en Galicia "depende de Podemos"

"Xa hai 35 universidades privadas en España", destaca para defender un proxecto de Abanca que a Xunta ve con bos ollos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/01/2020 | Actualizada ás 17:43

Comparte esta noticia

"Que falen Podemos e o PSOE. Agora o Ministerio de Educación está en mans dunha persoa de Podemos que é quen ten que autorizar esa universidade". Así se referiu o presidente da Xunta a posibilidade de que Galicia conte cunha cuarta universidade privada, impulsada por Abanca, e que ten a oposición das universidades públicas e sectores sociais e políticos.

O presidente da Xunta e o de Abanca, Alberto Núñez Feijóo e Juan Carlos Escotet, respectivamente. XUNTA
O presidente da Xunta e o de Abanca, Alberto Núñez Feijóo e Juan Carlos Escotet, respectivamente. XUNTA

Feijóo dixo que este tema está "en mans do Goberno central" tras o visto e bo da Xunta. De feito, e aínda que evitou apoiar claramente esta universidade, o líder popular é un dos seus grandes impulsores. "E xa hai 35 universidades privadas en España", defendeu.

Neste sentido, lembrou que a súa tramitación en Galicia non tivo alegacións e que só contou co voto en contra do BNG. Por iso, agarda que o novo Executivo central lle acabe dando vía libre.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta