As obras menores en proximidades de ríos non necesitarán autorización previa de Augas

Por E.P. | Compostela | 30/01/2020 | Actualizada ás 18:19

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta aprobou este xoves o decreto polo cal a execución de obras menores de conservación e mantemento nas proximidades dos ríos --de demarcación de Galicia-Costa-- poderán facerse sen autorización previa de Augas de Galicia.

O obxectivo é aumentar o catálogo de actuacións, ata agora escasas, que se poden acometer na franxa de 100 metros a cada lado dos ríos con só unha declaración responsable ante a administración hidráulica da Xunta, sen necesitar autorización de Augas.

Así, elimínase o prazo de ata seis meses para a execución de traballos e sinalización de estradas, instalación de pastores eléctricos, así como pintar, cambiar tellas ou xanelas en vivendas.

Tamén se suprime o prazo de 15 días entre a presentación da declaración responsable e o inicio das obras que estaba establecido para os traballos de mantemento e conservación de canles.

De tal forma, todas as actuacións incluídas no catálogo poderán comezarse desde o mesmo día da presentación da declaración responsable. A Xunta estima que unhas 500 solicitudes de autorización de obras das 1.200 que recibe anualmente Augas de Galicia poderán resolverse mediante a declaración responsable.

Tramo do Río Miño
Tramo do Río Miño

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta