Temas: CINE

Nace en Galicia o primeiro museo virtual de cinema autobiográfico

O Museo En liña de Cinema Autobiográfico (MOCA), impulsado por Café Candeas, nace para divulgar o cinema doméstico e dar a coñecer entre o gran público películas ligadas a momentos familiares e íntimos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2020 | Actualizada ás 19:22

Comparte esta noticia

O Museo En liña de Cinema Autobiográfico (MOCA), impulsado por Café Candeas, nace para divulgar o cinema doméstico e dar a coñecer entre o gran público películas ligadas a momentos familiares e íntimos.

Presentación de MOCA
Presentación de MOCA | Fonte: Europa Press

A sede de Café Candelas en Lugo acolleu este xoves a presentación, nun acto no que o director da MOCA, Pablo Gómez Salga, destacou a importancia de "pór en valor o cinema como medio para contar historias persoais, e, en concreto, o celuloide como soporte atemporal no que gardar os recordos dos momentos máis íntimos, en tempos nos que a imaxe en primeira persoa ocupa todo o espectro dixital e as redes sociais".

Este museo dixital ábrese cunha mostra de cinema canadense, na que se exhibirán obras dunha ducia de autoras de prestixio internacional, comisariada pola investigadora e cineasta Xisela Franco.

Así, o cineasta Rick Hancox (Toronto, 1946), que leva tres décadas facendo cinema en primeira persoa, inaugura a exposición. Dous dos seus traballos máis relevantes, 'House movie' e 'Waterwork', estarán dispoñibles para o seu visionado gratuíto a partir do 1 de febreiro. En seguintes semanas chegarán traballos de Phil Hoffman, Mike Hoolbom e Franci Duran, entre outros.

O proxecto supón un paso máis no traballo de valorización do cinema doméstico da Cinematográfica, con apoio de Candelas. Nos últimos cinco anos dixitalizáronse máis de 15.000 películas domésticas que se irán colgando no museo virtual.

De tal forma, o proxecto MOCA fundamentarase en catro patas: as exposicións (organizadas en mostras anuais), a colección propia de cinema doméstico, dúas bolsas anuais de produción de obra cinematográfica autobiográfica e unhas xornadas para reflexionar sobre este fenómeno artístico.

Temas: CINE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta