Temas: 112 GALICIA RíOS

Desactivado o plan especial por risco de inundacións dos ríos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2020 | Actualizada ás 10:04

Comparte esta noticia

O Plan Especial por Risco de Inundacións (Inungal) da Comunidade galega quedou desactivado na tarde deste xoves tras recuperar a estabilidade os ríos con aviso de desbordarse.

Segundo confirmou o 112 Galicia, os ríos afectados recuperaron a estabilidade, polo que quedou desactivado o Plan Especial por Risco de Inundacións en Galicia.

O Umia era, xunto co Xallas e o Verdugo, dos que máis posibilidades tiñan de desbordarse, pero foron recuperando o seu equilibrio, indicou o 112.

Inundacións en Carballo polo temporal de choiva. EUROPA PRESS - Arquivo
Inundacións en Carballo polo temporal de choiva. EUROPA PRESS - Arquivo

Temas: 112 GALICIA RíOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta