Javier Gutiérrez estrea a 3ª tempada de 'Vergüenza': "O odio e a envexa forman parte do ADN de España"

"Cada cidadán que vai co móbil parece que ten unha arma de destrución masiva", indica.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 03/02/2020 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

O próximo 14 de febreiro chega a Movistar+ a terceira tempada de 'Vergüenza', a irreverente comedia creada por Juan Cavestany e Álvaro Fernández Armero. Malena Alterio e o actor galego Javiér Gutiérrez volven dar vida a Nuria e Jesús, o matrimonio protagonista que, tras outra pasaxe absolutamente bochornosa que se fai viral, terá que lidar co odio de todo un país e a súa recentemente adquirida condición de 'famosos' de usar e tirar.

Despois de que durante un partido de baloncesto unha cámara o gravara dándolle unha labazada ao seu fillo Yusuf, Jesús converteuse da noite para a mañá no home máis odiado de España. Partindo desta premisa, a nova tempada de 'Vergüenza' adquire unha nova dimensión que lle permiten levar as súas lecturas a un ámbito moito máis amplo.

E é que este novos seis capítulos, a serie orixinal de Movistar+ xa non fala só do ruíns que podemos chegar a ser coa nosa parella, con amigos ou con compañeiros de traballo, senón que agora amplía o foco retratando ao público, aos medios e a todo o que se move, e a como se move, en redes sociais.

"Había que darlle unha volta á serie. Ofrecerlle ao espectador algo que non fose coñecido: unha situación de bochorno que vai máis aló do íntimo e que converte outro vergoñoso acto de Jesús nunha auténtica vergoña nacional", sinala Gutiérrez nunha entrevista concedida a Europa Press na que afirma que "o odio e a envida forma parte do noso AND" como país.

"Son case como o noso deporte nacional. Dásenos moi ben odiar e envexar", sentencia o actor que cre que esta tendencia á crispación xeral incrementouse a raíz do "'guerracivilismo' que por desgraza volvemos vivir estes días no ámbito político".

Un diagnóstico co que coincide Malena Alterio. "Iso mesmo dicía Fernando Fernán Gómez, que somos envexosos por natureza: 'Un éxito perdóase, pero o segundo xa non'", comenta a actriz que destaca como, grazas a "a impunidade" que reina na rede, as redes sociais convertéronse na ferramenta ideal para desatar todo ese odio e envexa.

"O das redes sociais xa non se controla", alerta Gutiérrez que ve como agora "cada cidadán que vai co móbil parece que ten unha arma de destrución masiva". "Calquera pode facer fotos ou vídeos comprometidos e subilos á rede" ou "descualificar e insultar", denuncia. De feito, comenta o actor, a pesar de que conta con redes sociais, fai moito que non verte nelas ningunha opinión porque non quere "exporse" e ver como lle choven os "paus". "Uso as redes sociais de forma moi aséptica", recoñece.

Malena Alterio e Javier Gutiérrez presentan a 3ª tempada de Vergoña
Malena Alterio e Javier Gutiérrez presentan a 3ª tempada de Vergoña | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta