Temas: CONSUMO EN MAREA

En Marea propón un imposto especial ás bebidas azucradas

Defenderá este martes na Cámara galega unha proposición de lei que siga os pasos dados en Cataluña e noutros países da Unión Europea.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2020 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

O grupo mixto, integrado exclusivamente por membros de En Marea, defenderá este martes na Cámara galega unha proposición de lei para crear un imposto especial á bebida azucradas, medida xa aprobada en Cataluña e que funciona noutros países da Unión Europea.

O portavoz de En Marea, Luís Villares, presenta a proposta para crear un imposto ás bebidas azucaradas en Galicia
O portavoz de En Marea, Luís Villares, presenta a proposta para crear un imposto ás bebidas azucaradas en Galicia | Fonte: Europa Press

Este luns, o portavoz de En Marea, Luís Villares, presentou a iniciativa, que se debaterá e votará na primeira xornada da sesión plenaria que arrinca este martes na Cámara galega.

Villares advertiu que as previsións para Galicia estiman que no ano 2030 oito de cada dez homes e o 55 por cento das mulleres terán sobrepeso ou obesidade, segundo estudos elaborados pola Organización Mundial da Saúde (OMS).

Ademais do sobrepeso e a obesidade, continuou Villares, o consumo elevado de bebidas azucradas, coñecidas como "refrescos", tamén aumenta o risco de padecer outro tipo de doenzas como a diabetes, problemas bucais ou osteoporose.

A OMS recomenda que o consumo de azucre non exceda o 10 por cento de todas as calorías que deben inxerirse ao día, cantidade que, segundo expuxo Villares, unha lata de refresco xa contén.

Por iso, En Marea expón que Galicia estableza un imposto especial a este tipo de bebidas que, por unha banda, "penalicen" o seu consumo "especialmente entre a xente nova" e, por outro, abran unha nova vía de recadación que poida ser revertida en políticas de saúde pública por parte das administracións.

"Xa houbo outras comunidades que implementaron estas medidas, de diferente signo político. A proposta suscitou interese de diferentes entidades de medicina familiar", indicou Villares, que subliñou que existe "un estado de opinión científica" a favor desta medida, que podería deixar 10 millóns de euros en impostos.

"Se a Xunta vota en contra teremos unha proba máis dos malos tratos sanitarios aos que Feijóo somete a Galicia", incidiu Villares.

Temas: CONSUMO EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Rosalía Xesto

Moi boa iniciativa. O problema de sobrepeso entre a xente moza en Galicia é moi grave. A segunda autonomía con mais rapaces con sobrepeso.