O que fora xefe de planta do Corte Inglés en Santiago irá a xuízo por suposto acoso sexual

A empresa defende que lle rescindiu o contrato e di que agora o caso incumbe ao seu "ámbito privado".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2020 | Actualizada ás 19:59

Comparte esta noticia

O que fora xefe de planta do Corte Inglés en Santiago de Compostela irá a xuízo penal por suposto acoso sexua. Será este mércores 5 de febreiro ás 10,00 horas no Xulgado de Instrución Número 1 da capital galega. A CIG lembra que foi denunciado por unha traballadora do centro comercial.

Un traballador tala unha árbore na Gran Vía de Vigo diante do Corte Inglés
Un traballador tala unha árbore na Gran Vía de Vigo diante do Corte Inglés | Fonte: © Miguel Núñez.

O sindicato apunta que o Xulgado de Instrución Número 3 de Santiago abriu tamén dilixencias penais contra á cúpula do Corte Inglés na cidade, sinalando para os próximos días 24 e 26 de marzo a citación, "en calidade de investigados", de quen ocuparon varios postos directivos do centro.

As actuacións xudiciais foron iniciadas a partir das denuncias presentadas por unha traballadora e a súa parella, que tamén traballaba no Corte Inglés. Ambos, remarca a CIG, foron "obrigados a rescindir a súa relación laboral" ante a "pasividade" e as "presións" exercidas pola cúpula directiva que será agora "investigada por estas actuacións".

De feito, o sindicato lembra que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) "xa ratificou a existencia de acoso antes de entrar o caso na vía penal".

Por iso, a CIG-Servizos espera que a sentenza que se dite tras este xuízo "sexa exemplar" para que tanto El Corte Inglés como o resto das empresas "tomen nota e empecen a tomarse en serio as situacións de acoso" que se producen no ámbito laboral.

Neste sentido, Roberto Alonso, membro da Executiva federal, denuncia que resulta "lamentable" que, a día de hoxe, El Corte Inglés "siga sen recoñecer a gravidade dos feitos e que a solución para as vítimas tivese que ser rescindir a súa relación laboral ante a inacción da empresa".

"ÁMBITO PRIVADO"

Pola súa banda, fontes do centro comercial aseguraron que non se pronuncian sobre unha cuestión que afecta "o ámbito privado" dun extraballador.

No seu día, lembran que se activou un protocolo interno para analizar o caso e que se procedeu como primeiro paso á suspensión do entón traballador, cuxo contrato foi rescindido finalmente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta