A alcaldesa socialista da Coruña apoia a reclamación da Xunta para que o Goberno central devolva o IVE a Galicia

Inés Rey atribúe a situación a unha "herdanza negativa" do goberno do PP.

Por E.P. | A Coruña | 04/02/2020 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, apoiou a petición da Xunta ao Goberno central para que devolva o IVE de 2017 a Galicia, aínda que atribuíu a actual situación a unha "herdanza negativa" do goberno do PP.

A alcaldesa Inés Rey, durante o pleno municipal
A alcaldesa Inés Rey, durante o pleno municipal | Fonte: Concello da Coruña.

"O certo é que ese IVE ten que devolverse ás comunidades autónomas", sinalou a preguntas dos xornalistas. "É unha realidade que creo que non cuestiona ninguén", engadiu Inés Rey, para quen a actual situación procede dun "problema que nace do ministro de Facenda Cristóbal Montoro", dixo en referencia á etapa de goberno dos populares.

"Unha das herdanzas negativas dos gobernos do PP, pero que seguro que o Goberno socialista vai solucionar canto antes", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta