O PP presume de que o Goberno de Feijóo reduciu o paro "en 43.729 persoas" en dez anos

Miguel Tellado reivindica que Galicia "segue protexéndose da inestabilidade" de Pedro Sánchez "e os seus socios".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2020 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, valorou os datos do paro publicado este martes polo Ministerio de Traballo e reivindicou que Galicia "segue protexéndose da inestabilidade" de Pedro Sánchez "e os seus socios".

Miguel Tellado, secretario xerral do PPdeG
Miguel Tellado, secretario xerral do PPdeG | Fonte: Europa Press

O número dous dos populares galegos celebra que Galicia "consolide" o emprego creado, xa que pon o foco en que o 2020 comeza con 7.045 parados menos que un ano atrás, un 4,03% menos. "De feito, somos a segunda autonomía na que máis baixa o paro, superando ao conxunto do Estado en 3,06 puntos", engade.

"O desemprego descendeu en Galicia en 43.729 persoas desde que Alberto Núñez Feijóo preside a Xunta, o que demostra que as políticas activas de emprego levadas a cabo polo Goberno galego son efectivas", remarca.

Así, Tellado coloca no lado oposto ao PSOE, que demostrou que "durante o último ano e medio só se preocuparon por un posto de traballo", que foi "o de Pedro Sánchez". O presidente do Goberno, di o PPdeG, por "o único" que se interesou polo emprego galego "foi para destruílo, como demostra a súa vontade por pechar industrias e non dar solución á situación das electrointensivas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 emigrante 3

Tendo em conta que se estima que emigrarom perto de 300 mil pessoas nos últimos anos, o balance parece bem ruim,..., e ainda presumem. É bem certo, não temos solução.