O alcalde de Madrid e a premiada co Goya Benedicta Sánchez serán comendadores do Cocido de Lalín

O alcalde xustifica que José Luís Martínez-Almeida pode "abrir as portas" da cidade madrieña para "axudar a difundir o cocido coas posibilidades de internacionalización de produto que permite a capital de España"

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 04/02/2020 | Actualizada ás 21:11

Comparte esta noticia

A 'LII Feira do Cocido de Lalín' recuperará a encomenda e sumará a Benedicta Sánchez, recente gañadora dun 'Goya' por 'O que arde', e ao alcalde de Madrid, o popular José Luís Martínez-Almeida, como os dous primeiros comendadores desta edición.

José Luis Martínez-Almeida
José Luis Martínez-Almeida | Fonte: Ayuntamiento de Madrid.

Así o anunciou o alcalde de Lalín, José Crespo, quen explicou que esta é "unha boa ferramenta" de difusión da feira.

"Está claro que os comendadores axudan non só coa súa imaxe, senón coa súa acción cando se lle solicita promocionar a feira", remarcou o rexedo sobre a feira, declarada Festa de Interese Turístico Internacional.

"Con Benedicta Sánchez estivemos a falar onte e mesmo fomos vela a Lugo, onde estaba a comer coa súa familia e está encantada coa invitación para apoiar a Feira do Cocido. Dixo que aínda que é vexetariana, estará encantada de estar connosco e de apoiar todo o que sexa bo para Lalín e para Galicia", indicou Crespo.

Do alcalde de Madrid, apuntou que é "amigo do comendador Andrés Ramos". "E a semana pasada xa estivo a participar nunha comida de cocido de Lalín. Queremos que nos abra as portas de Madrid para axudarnos a difundir o cocido coas posibilidades de internacionalización de produto que permite a capital de España", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta