Unha muller denuncia unha "agresión sexual con violación" no Carballiño

A investigación permanece aberta para esclarecer o sucedido e localizar o home.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2020 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

A Garda Civil investiga unha "agresión sexual con violación" supostamente ocorrida nunha vivenda no municipio do Carballiño, denunciada o pasado fin de semana por unha muller.

Así o aseguraron a Europa Press fontes próximas á investigación, da que se encargan efectivos da Policía Xudicial do Instituto Armado.

A muller presentou a denuncia o pasado día 2 de febreiro en relación a uns feitos supostamente sucedidos a xornada anterior, o sábado día 1, nun domicilio do Carballiño.

A investigación, sobre a que foi decretado o segredo das actuacións, permanece aberta para esclarecer o sucedido e localizar o presunto agresor, apuntaron as mesmas fontes.

Garda Civil. GARDA CIVIL
Garda Civil. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta