A Deputación de Pontevedra inaugura a mostra 'Tecendo a natureza', un "berro de auxilio" para non perder a cestaría

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2020 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou na inauguración da exposición 'Tecendo a natureza', que definiu como "un berro de auxilio para non perder unha tradición, a cestaría, que é unha arte". E é que Enrique Táboas, mestre cestero, fillo e neto de cesteros de Mondariz, é o último do seu oficio traballando con madeira que mantén un taller aberto en Pontevedra.

Nesta mostra recóllese unha representación de pezas de cestaría de madeira rota da súa autoría, coas que se fai un pequeno percorrido por esta artesanía e os seus usos, poñendo en valor ao artesán, mostrando as técnicas empregadas e rememorando a historia dun oficio.

'Tecendo a natureza' é unha exposición accesible, con visitas para persoas cegas na que se poderán tocar os 17 cestos e ler os carteis en braille. Tamén hai 10 fotografías e un vídeo así como unha mesa de traballo con ferramentas e obras en proceso de construción.

A exposición, segundo explicou a súa comisaria Fátima Cobo, pretende espertar o interese das novas xeracións para que este patrimonio non se perda. Xa que, como consumidores e tamén como posibles futuros artesáns, está nas súas mans que este oficio milenario perdure.

Carmela Silva destacou que Táboas "leva nos seus xenes algo marabilloso, o saber facer"; e expresou o seu propósito de "loitar por non perder o patrimonio inmaterial", polo que apostou por facer actividades de formación".

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, en rolda de prensa.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, en rolda de prensa.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta