Arquivada a causa polos represaliados da Guerra Civil localizados nun cemiterio de Aranga

A Asociación pola Recuperación dos Desaparecidos no Franquismo lamenta que "unha vez máis" se arquivou unha causa deste tipo.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 06/02/2020 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

A Asociación pola Recuperación dos Desaparecidos no Franquismo (ARDF) confirmou o arquivo, por parte do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos, da causa polos represaliados da Guerra Civil atopados no cemiterio de Vilarraso, no concello coruñés de Aranga.

As exhumacións no cemiterio de Vilarraso, en Aranga, revelou un dos episodios máis cruentos da represión franquista en Galicia
As exhumacións no cemiterio de Vilarraso, en Aranga, revelou un dos episodios máis cruentos da represión franquista en Galicia | Fonte: ARDF.

A Asociación lamenta que "unha vez máis" se arquivou unha causa deste tipo, neste caso, lembra, polas persoas exhumadas por esta entidade no verán de 2018, todos eles represaliados polos franquistas, apunta.

Por outra banda, lembra que tamén se denunciaron os casos de vítimas recuperadas "en Santa Mariña de Lagostelle, en Guitiriz (Lugo) e en San Vicente de Fervenzas, en Aranga (A Coruña)".

"Todos os casos —sinala en relación a outras causas deste tipo— arquívanse pola denominada Lei de Amnistía do 77", lamenta a asociación que asegura que "só un cambio de lei na Constitución española en referencia a este asunto podería liquidar esta alegalidade fascista, vixente hoxe día no Estado español", engade.

No verán de 2018, e concretamente no mes de xullo, a asociación realizou as exhumacións de 21 persoas asasinadas en distintos días e meses de 1936.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta