Traballadores das auxiliares e da planta de Endesa nas Pontes cortan o tráfico en Pontedeume

Esixen que se constitúa a mesa de traballo comprometida polos Gobernos central e autonómico ante o peche da central.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2020 | Actualizada ás 20:33

Comparte esta noticia

Traballadores da planta térmica de Endesa nas Pontes e das súas compañías auxiliares cortaron na tarde deste xoves o tráfico na localidade de Pontedeume, como medida de mobilización para esixir que se constitúa a mesa de traballo comprometida polos Gobernos central e autonómico ante o peche da central.

Traballadores das auxiliares e da planta de Endesa nas Pontes cortan o tráfico en Pontedeume
Traballadores das auxiliares e da planta de Endesa nas Pontes cortan o tráfico en Pontedeume | Fonte: CIG.

Acompañados por delegados de CIG, CC.OO. e UGT, os traballadores concentráronse na rotonda da ponte de acceso a Pontedeume en demanda dunha transición enerxética "xusta" e da convocatoria "inmediata" da mesa de traballo.

Alberte Amado (CIG) lembrou que nesa mesa terían que estar representadas as distintas administracións e a propia Endesa.

Ao tempo, criticou que aínda non se puxese en marcha, o que interpretou como unha mostra de "deixamento político".

"Non entendemos por que non se constitúe", advertiu e insistiu en que, aínda que a Xunta, "xa en campaña electoral", está "a pedir que arrinque a central", non está a dar "propostas concretas para que o fagan".

"A nosa intención é seguir mobilizándonos ata que consigamos esa mesa", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Hank Rearden

El ecologismo es lo que tiene, nos vamos a comer las nubes.

1 negadocionista

Eu sigo comendo vexetais, carne, peixe, queixo, pizzas, comida hindú, xaponesa, mexicana, e moitas mais cousas. Pero nubes, non. E carbón tampouco. E cadáveres de persoas pobres flotando na auga como en New Orleans tras o Katrina tampouco.