Xunta e Concello de Avión estudan crear "unha aldea modelo"

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 06/02/2020 | Actualizada ás 21:09

Comparte esta noticia

O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse este xoves co alcalde de Avión, Antonio Montero, para coñecer as necesidades e demandas dos veciños deste municipio vinculadas co agro.

Entre os temas tratados abordaron a posibilidade de crear "unha aldea modelo" neste municipio ourensán e así "pór de exemplo de prevención e de desenvolvemento económico" a un núcleo deste concello.

Cortegazas, en Avión
Cortegazas, en Avión | Fonte: Estevoaei - Wikipedia.

En concreto, púxose sobre a mesa o núcleo de Cortegazas como posible candidato a este proxecto de recuperación de terras.

O alcalde, segundo informa a Xunta, mostrouse "moi interesado" e comprometeuse a analizar a situación actual de Cortegazas para comprobar que se axusta ás características deste tipo de proxectos de recuperación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta