Temas: MULLER ASIA

Unha galega na Tarawera 100 Millas, un dos trails máis duros de Asia

Este sábado a ultrafondista e capitana de barco Maite Rojo será a única muller do Estado e a primeira galega en participar na carreira máis dura de Nova Zelandia.

Por Galicia Confidencial | | 07/02/2020 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

Talawera 100 Millas non é unha carreira calquera, é a ultra máis famosa das antípodas. Forma parte, ademais, da Ultra-Trail World Tour e xa alcanzou a súa 12 edición. E nesa carreira das máis duras de Asia estará unha galega, a ultrafondista e capitana de barco Maite Rojo, a única muller de todo o Estado que tomará parte nesta carreira de 160 quilómetros.

Material que utilizará Maite Rojo no trail de Tarawera, en Nova Celandia
Material que utilizará Maite Rojo no trail de Tarawera, en Nova Celandia | Fonte: Cedida

Tarawera consta de catro distancias: 21 km, 50km, 102km e 100 millas nas que os corredores pasan polo territorio espiritual da cultura maorí, ademais de por sete lagos , bosques, fervenzas e natureza totalmente impresionante. Uns lugares idílicos, pero moi duros, algúns deles moi coñecidos mundialmente por se escenarios da saga do Señor dos Aneis. 

Esta impresionante carreira atrae cada ano a uns 2000 participantes dunhas 800 nacionalidades diferentes que participan nunha proba que é puntuable para a Western States e a UTMB.

“Centrareime nas Ultras de 102 km e de 100 Millas (162km) onde destacaron nomes como Courtney Dauwalter, Camille Herron e Ryan Sandes ou Jeff Browning”, apunta Maite aludindo a catro dos grandes espcialistas destas probas. Para clasificarse nas 100 M fai falta correr unha proba de 50 km cun tracking que se poida verificar. 

“Unha vez nas carreiras, se rematamos cun máximo de 17 horas no 102 km e 30 horas nas 100 M, dánnos a oportunidade de ser aceptados na Western States e 6 puntos para a UTMB”, engade sobre dúas das grandes probas do circuíto internacional de trails. “Tentarei facer historia e ser a primeira galega que finaliza esta proba nas antípodas”, asegura. E, desde as antípodas galegas desexámoslle moita sorte. Ánimo Maite!!!

Maite Rojo preparada para correr a Tarawera, o trail máis duro de Nova Celandia
Maite Rojo preparada para correr a Tarawera, o trail máis duro de Nova Celandia | Fonte: cedida

Temas: MULLER ASIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta