O comité de empresa de Alcoa "cansado" das promesas de Madrid sobre o estatuto de electrointensivas

Denuncia que "ata agora todo o que dixeron" non lles deu ningunha "certeza".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2020 | Actualizada ás 10:48

Comparte esta noticia

O presidente do comité de empresa da factoría de Alcoa en San Cibrao (Cervo), José Antonio Zan, desconfía do Estatuto que prepara o Goberno para as industrias electrointensivas, xa que "todo o que nos dixeron" ata agora non lles dá a "certaza" para manter a "continuidade da empresa".

Zan advertiu este venres que é "moi importante que se visualice por parte de todos os que pasa na Mariña e en parte de Lugo", onde seguen "cun problema ao que non se lle dá solución por parte de quen ten que darlla" o Goberno central, "que é o que ten que lexislar".

Liña seguida manifestou que están "cansados de moitas promesas e ningún cumprimento". Agora atópase "á espera de que se publique o Estatuto e ver que contén, pero móstrase receloso sobre a eficacia desta medida para manter o traballo na empresa.

PROTESTA DE LAZOS AZUIS

Por outra banda, o presidente do comité confirmou que este venres comezan cunha nova acción de protesta que consistirá en colocar "lazos azuis" en distintos puntos da Mariña. Nesta xornada comezan en Xove e despois en Cervo.

"Iremos aos puntos máis visibles e os lugares máis concorridos" da zona da Mariña, asegurou. Ao tempo recalcou que con esta protesta pretenden que "quede constancia" do "problema" ao que se enfrontan, "ao que non se lle deu solución".

Finalmente, sobre o próximo Consello de Ministros do martes, Zan descoñece se finalmente anunciarase o Estatuto e deixou caer que levan "tantos martes esperando, que uno xa non espera nada". "Estamos a desexar ter un papel sobre o que poder falar, medidas concretas, saber do noso futuro e cara a onde nos leva o Goberno", concluíu Zan.

Fábrica de Alcoa en San Cibrao. EUROPA PRESS - Arquivo
Fábrica de Alcoa en San Cibrao. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta