Liberdade para o investigado por violanción no Carballiño

O sexagenario detido este xoves en relación a unha agresión sexual denunciada por unha muller este fin de semana no municipio ourensán do Carballiño quedou en liberdade este venres investigado por violación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2020 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

O home de 66 anos detido este xoves en relación a unha agresión sexual denunciada por unha muller este fin de semana no municipio ourensán do Carballiño quedou en liberdade este venres investigado por violación.

Así o acordou o Xulgado de Instrución Número 1 do Carballiño a cuxa disposición pasou o arrestado, duns 66 anos e nacionalidade española, este venres tras ser detido este xoves, confirmaron a Europa Press fontes da investigación.

O home foi localizado no mesmo municipio no que se rexistraron os feitos. A vítima presentou a denuncia o pasado día 2 de febreiro por unha suposta agresión sexual rexistrada a xornada anterior, o sábado día 1, nun domicilio do Carballiño.

A Garda Civil asumiu o caso para tentar esclarecer o sucedido e buscar ao agresor, que desaparecera do suposto inmoble dos feitos denunciados. Así, o dispositivo despregado polo Instituto Armado localizou ao presunto autor este xoves no mesmo municipio.

Detención
Detención | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta