A fórmula dun edil para mellorar a Atención Primaria: Peregrinar para pedirllo ao Apóstolo

XA que non o fai a Xunta, o concelleiro da Saúde de Sada quere que interceda o santo.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 07/02/2020 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

O concelleiro de Promoción da Saúde do Concello de Sada (A Coruña), Breogán Branco, iniciou este venres unha peregrinación a Santiago de Compostela, desde o centro de saúde deste municipio, para demandar melloras na atención primaria desta localidade.

Con esta iniciativa, busca demandar para o municipio unha praza máis de fisioterapia, pediatría, medicina xeral e enfermaría e administración, ademais da cobertura das baixas.

O edil, que percorrerá o Camiño Inglés en tres etapas, ten previsto chegar a Santiago o domingo para coincidir coa manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública en defensa do sistema sanitario público de Galicia, ás 12,00 horas, na Alameda de Santiago.

Á mesma, sumarase tamén o alcalde de Sada, Benito Portela, e outros concelleiros do grupo de goberno, segundo informou o Concello.

O concelleiro de Promoción da Saúde do Concello de Sada (A Coruña), Breogán Branco, inicia unha peregrinaxe a Santiago en demanda de melloras en atención primaria. ALTERNATIVA DE SADA
O concelleiro de Promoción da Saúde do Concello de Sada (A Coruña), Breogán Branco, inicia unha peregrinaxe a Santiago en demanda de melloras en atención primaria. ALTERNATIVA DE SADA | Fonte: Europa Press

SANIDADE

Pola súa parte, a Xerencia de Xestión Integrada da Coruña e Cee afirmou que o concello coruñés de Sada conta "co 100% da carteira de servizos propia da Atención Primaria". Nun comunicado, suliña que o concello conta "cun centro de saúde con horario de mañá e tarde e un Punto de Atención Continuada (PAC), onde se desenvolve a atención urxente extrahospitalaria para o conxunto da poboación dos concellos de Sada e Bergondo".

Ademais, sostén que dispón do "100% da carteira de servizos propia da Atención Primaria, sendo referencia para outros concellos, como Bergondo, algún destes servizos como poden ser as urxencias extrahospitalarias, fisioterapia, odontoloxía e farmacia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta