SOS Sanidade Pública chama a unha gran manifestación contra a "privatización" do sistema sanitario

Será este domingo en Santiago polo "deterioro" do sistema público galego.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 07/02/2020 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

A plataforma SOS Sanidade Pública fixo un chamamento ao persoal sanitario e ao conxunto da sociedade a participar este domingo na manifestación de Santiago de Compostela en contra da "privatización" da sanidade pública galega.

"Parécenos que 11 anos de política sanitaria privatizadora son suficientes e é necesario que cambie xa", sinalou, en declaracións a Europa Press, o portavoz desta plataforma, Ramón Beiras, quen pide aos galegos que se somen a esta mobilización que partirá ás 12,00 horas da Alameda compostelá.

Ramón Beiras criticou a política sanitaria levada a cabo polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a quen acusa de "ir deteriorando" aos poucos o sistema sanitario galego. Por iso, ante esta situación, opina que "é necesario un cambio de goberno" que, entre outros aspectos, poña fin á deterioración da Atención Primaria , ás "inaceptables" e á precariedade do persoal da sanidade pública.

NOVO HOSPITAL DA CORUÑA

En concreto, no caso da Coruña, Beiras tachou de "oferta de campaña electoral" o recente anuncio da Xunta de ampliar o Chuac da Coruña.

"Mentres non vexamos a oferta de licitación non nolo cremos", asegura o portavoz de SOS Sanidade Pública, que demanda á Xunta máis seriedade e que presente un "plan concreto" sobre o futuro hospital coruñés.

Os líderes da oposición e dos sindicatos nunha manifestación da Plataforma SOS Sanidade Pública
Os líderes da oposición e dos sindicatos nunha manifestación da Plataforma SOS Sanidade Pública

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Xanc

Minte máis que fala Feijóo! A súa política de recortes está desmantelando a sanidade pública. Unha anécdota moi reveladora: fai 6 anos (pleno apoxeo de recortes Feijóo) o Xerente do hospital Pontevedra amigo de Feijóo, agasallaba aos MIR que remataban a súa formación maletas!!! Ás médicas recén formadas animouselles a marchar!!! Agora pasa o que pasa... Pero a culpa é de Venezuela e do Bloque, claro!

1 Dr Bacterio

Pero esa plataforma non era a que quería que mercara o Sergas a POVISA ?

1 Sentidiño

Si, para facela pública...imaxinas? Estes socialdemócratas non se enteran: o que hai que facer é EXPROPIALA.