Os concellos comprometidos coa paisaxe e o medio ambiente serán recoñecidos coa Bandeira Verde de Galicia

Un xurado técnico encargarase de puntuar os méritos que acrediten os municipios e outorgar especial valía ás medidas innovadoras.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2020 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este venres que o Goberno galego "recoñecerá o esforzo" dos concellos que "implanten boas prácticas e fomenten o compromiso dos seus veciños" coa paisaxe e o medio ambiente co distintivo da 'Bandeira Verde' de Galicia.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, xunto a outras personalidades, no acto de presentación da Bandeira Verde de Galicia
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, xunto a outras personalidades, no acto de presentación da Bandeira Verde de Galicia | Fonte: Europa Press

Feijóo indicou que este recoñecemento será concedido anualmente aos municipios que cumpran con criterios ao redor de cinco ámbitos: a protección da paisaxe, o cambio climático e eficiencia enerxética, a mobilidade sustentable, a xestión responsable dos residuos e accións de educación e sensibilización ambiental.

Ademais, durante o acto de presentación en Porto do Son, no que tamén participou a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, sinalou que haberá un xurado técnico que avaliará as candidaturas presentadas, "puntuando os méritos que acrediten os concellos e outorgando especial valía ás medidas innovadoras" que estean dentro do cinco eixos mencionados.

Así, o presidente galego destacou que este distintivo vai qincentivar medidas positivas para o medio ambiente como o fomento do uso de bicicleta e do transporte público ou a peonalización de rúas.

Mencionou que a primeira convocatoria deste recoñecemento e os seus criterios será publicada no Diario Oficial de Galicia en "próximas datas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta