Unha auxiliar do Hospital de Ourense enfróntase a tres anos e medio de prisión por acceder a un historial

O Ministerio Fiscal acúsaa dun delito continuado de descubrimento de segredos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2020 | Actualizada ás 15:17

Comparte esta noticia

Unha auxiliar de enfermaría do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) enfróntase a tres anos e seis meses de prisión por acceder ao historial médico dunha paciente "co fin de vulnerar a intimidade" desa persoa.

Así o relata o Ministerio Fiscal, que acusa a S.G.R. dun delito continuado de descubrimento de segredos polo que será xulgada o vindeiro mércores, 12 de febreiro, ás 10,00 horas na Audiencia Provincial de Ourense.

Este acto de intromisión na privacidade produciuse entre febreiro e xullo de 2016, cando a traballadora accedeu ata en sete ocasiones ao historial médico dunha muller que estaba embarazada e que ela xa coñecía porque fora parella do seu irmán.

A pesar de que a acusada traballaba como auxiliar de enfermeira na consulta de probas de Dixestivo, "utilizou unha clave persoal" para acceder ao sistema de xinecoloxía e xustificou o acceso dicindo que debía atender á muller, o cal non era certo.

Segundo a Fiscalía, a S.G.R. consultou o historial da embarazada "co fin de coñecer o seu estado físico e as condicións de evolución do seu embarazo", sen "desempeñar ningunha actividade profesional" no servizo de xinecoloxía.

Por estes feitos, acusan a muller dun delito continuado de descubrimento de segredos e a Fiscalía pide tres anos e seis meses de prisión, así como a inhabilitación absoluta para exercer o seu traballo durante seis anos.

A esta petición, o ministerio engade unha multa de 2.160 euros (seis euros ao día durante 20 meses) con 180 días de responsabilidade persoal subsidiaria en caso de falta de pagamento e costas. Así mesmo, unha indemnización á afectada por valor de 2.000 euros para emendar os danos morais causados.

Audiencia Provincial de Ourense
Audiencia Provincial de Ourense | Fonte: wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta