O BNG descarta calquera confluencia para presentarse ás autonómicas

Condicionará o apoio ao PGE ao "grao de cumprimento" do acordo de investidura.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2020 | Actualizada ás 19:52

Comparte esta noticia

A viceportavoz parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, manifestou que o apoio do seu partido aos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) estará condicionado ao "grao de cumprimento" do acordo de investidura que asinou con PSOE.

"Se non se cumpren coas medidas do acordo", o Bloque "ten as mans libres" para decidir se apoia ao Goberno ou non, xa que "a negociación dos orzamentos é completamente independente" do acordo de investidura, explicou nunha entrevista este domingo na Radio Galega, recollida por Europa Press.

De todos os xeitos, Rodil pretender "dar unha marxe" que para que o Executivo de coalición "poida actuar", pero medidas como "a bonificación do 100%" para os usuarios recorrentes da AP-9 (aqueles que fagan dúas ou máis viaxes pola autoestrada no mesmo día) deber realizarse "canto antes".

Se nalgún momento o Goberno non cumpre, "terá que responder aos galegos e galegas". Aínda que esta premisa non a trasladou unicamente no que respecta á AP-9, senón que opina o mesmo sobre o AVE ou o Estatuto das Electrointensivas.

Outro dos temas sobre os que se pronunciou Rodil este domingo foi a débeda de 200 millóns de euros correspondentes ao pago do IVE de 2017. Neste sentido, apuntou a que "se trata dun problema de fondo", un sistema de financiamento "inxusto".

Ante as críticas que o Bloque recibiu do PP por non incluír esta reclamación no acordo de investidura, Rodil defendeu que os populares "non poden pretender que o BNG resolva cun deputado problemas que Galicia arrastra desde fai dez anos" e que cando se asinou o acordo "non se sabía" que ese fondo non ía ser pagado ás comunidades.

Sobre as diverxencias entre os socialistas galegos para reivindicar o IVE ao seu partido a nivel estatal, ve "incomprensible" que Gonzalo Caballero non recoñeza o dereito dos galegos "a ter a chave do seu diñeiro" e considera que "neste país hai poucas persoas que non sexan conscientes" de que se trata dun "roubo ás galegas".

ELECCIÓNS AUTONÓMICAS

Respecto das eleccións autonómicas, Rodil aclarou que "non importa cando se celebren" porque o BNG "estará preparado para saír a gañar coa mellor candidata" para a cidadanía galega, Ana Pontón.

Descarta calquera confluencia con outras forzas políticas, porque teñen o seu "propio proxecto, capacidade de diálogo e a man tendida a todas as persoas que queiran sumarse" a ese marco político dos nacionalistas.

Cre que "o pluralismo" de forzas políticas é "bo" para os galegos e está segura de que o seu resultado "non dependerá nin se verá condicionado por outros partidos". En canto á data na que poden celebrarse, espera que sexan "canto antes" para "terminar coa década negra" de Feijóo ao mando da Xunta, que "deixa un Galicia peor que a atopou".

Olalla Rodil
Olalla Rodil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

4 Tirsopaio

Ao BNG non lle importa Galiza nin os galegos. Ao BNG só lle importa o BNG.

1 Harry

O BNG ten un proxecto político propio que te pode gustar ou non pero non vai estar supeditado aos intereses dun feixe de ególatras que matarían á súa nai por unha poltrona nin a un grupo de pseudoesquerdistas madrileños.

2 Bernal Calvo Delaciga

Non, o proxecto polítco do BNG só está supeditado a La Voz de su Amo e aos seus pufos coa banca espaÑola. Máis nada.

3 Roxalia

Unha confluencia ampla (Podemos+BNG+Anova+EU) faría que Feijóo perdese a maioría e adiantaría a Caballero jr. Pero o BNG unicamente pensa no BNG. Nada máis.

1 Per

E se van unidos ao psoe coma en adrid pois millor ,,, todos en un menos Feijjooo vale

2 Daiqui

O BNG está forte, renovado e con ilusión. Toda aquela persoa que ame a Galiza e /ou teña un sentimento progresista ten sitio dentro. Adiante BNG!!!!

1 Gaiker

"O BNG está forte, renovado e con ilusión..." até que queira La Vox de Galicia. En canto o BNG deixe de ser útil para os plans do lobby de Sabón, rematou a cacarexada "recuperación".

1 Riolo

Traduzamos. Os nosos postos con poltrona son para os da U. Como sempre.

1 Xanc

Lóxico! Os postos de Martiño, Beiras, Villares son ou foron de Podemos. Ide petar ás portas da Complutense por un carguiño..!

2 Que mala la U

É que son malvadísimos, cando o lóxico sería que os postos que van sacar llos gardasen para os novopolíticos rotoristas que quedaron sen nada agora. La upegágagagaga.

3 a fantasma de Amio

Pois os vellopolíticos non-rotoristas do BNG estades ás migallas que vos deixan os vosos Amos do PSOE. Así que non saquedes tanto peito, vítimas de Amio.

4 Harry

Hai que telos cadrados para dicir q o BNG anda ás migallas do PsoE cando polas migallas do PsoE arrastráronse os podemitas e cando os roTURISTAS nin ás migallas foron quen de apañar.