Temas: FRASEOLOXíA

“A contragusto” e "mal a gusto", equivalentes, entre outras, ó castelán “a disgusto”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 16/02/2020 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Dándolle continuidade á senda principiada no último –que non derradeiro– artigo, imos desta volta darlles un ollo ás locucións galegas que se corresponden coa castelá a disgusto:

Guidetti marcha cabreado do campo con Berizzo.
Guidetti marcha cabreado do campo con Berizzo. | Fonte: lfp.es

A disgusto

{= Contra a propia vontade, desexo e/ou propósito, ou de xeito tal que implica sensación de incomodidade, desagrado e malestar.}

A contragusto

Mal a gusto

[E MESMO TAMÉN]:

A desgusto

Ex.: ¡Si es que las cosas forzadas y hechas a disgusto nunca salen bien, hombre!

¡Se é que as cousas forzadas e feitas a contragusto e feitas mal a gusto e feitas a desgusto nunca saen ben, home!

Ex.: Una de las consecuencias de encontrarse a disgusto en el trabajo puede ser, por ejemplo, el absentismo laboral, o incluso, en los casos más graves, la baja por estrés o ansiedad.

Unha das consecuencias de se atopar a contragusto mal a gusto a desgusto no traballo pode ser, por exemplo, o absentismo laboral, ou mesmo, nos casos máis graves, a baixa por estrés ou ansiedade.

● Tamén:

De mala gana && De mal grado

De mala gana && De mal grado

Ex.: ¡Se é que as cousas forzadas e feitas de mala gana de mal grado nunca saen ben, home!

Ex.: Unha das consecuencias de se atopar de mala gana de mal grado no traballo pode ser, por exemplo, o absentismo laboral, ou mesmo, nos casos máis graves, a baixa por estrés ou ansiedade.

● Tamén, en bastantes contextos, sobre todo cando se indica que se fai algo contra a propia vontade, desexo ou propósito:

A contrapelo && A la fuerza

A repelo && Á forza

Ex.: ¡Se é que as cousas forzadas e feitas a repelo á forza nunca saen ben, home!

Ex.: Tomó la comida a disgusto a contrapelo, pero la tomó.

Tomou a comida a contragusto mal a gusto a desgusto de mala gana de mal grado a repelo á forza, pero tomouna.

NOTAS:

1. Como xa anticipamos na anterior entrega, en moitos contextos as locucións que reflectimos neste artigo comparten espazos de uso coas que veremos no vindeiro, no cal abordaremos as equivalencias galegas do castelán a regañadientes.

Daquela, e se quere dicir doutro xeito, en moitos contextos son trocables as expresións que aparecen nun e noutro artigo. Con isto o que queremos manifestar é que o feito de dividirmos en dous artigos (ou dous e medio, se incluímos a segunda acepción da entrega correspondente ó castelán a rastras) o contido que aquí estamos a tratar responde, sen máis, a unha estratexia pedagóxica ou motivada porque entendemos que desta forma a información pode ser asimilada con maior facilidade por parte de calquera lector, pero, obviamente, non pretendemos dar a entender que ó castelán a disgusto lle correspondan en galego unicamente as locucións do presente artigo e ó castelán a regañadientes lle correspondan unicamente as do próximo.

2. Facemos notar a existencia da voz semiculta grado dentro da locución de mal grado, dado que moitas veces se usa incorrectamente, no sentido de se empregar *de mal grao, por culpa da analoxía que se fai entre a parella grado1 (castelán) e grao (galego), ambas provenientes do latín gradus, -us (=paso; marcha; chanzo; grao xerárquico; posición, posto); cando no caso da locución que nos ocupa, a referida voz correspóndese co castelán grado2 e mais co galego grado, procedentes ambos os vocábulos do latín gratus, -a, -um (=grato, agradable; digno de gratitude; amable).

3. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- García González, Constantino: Glosario de voces galegas (1985). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- García Represas, Delio: Estudio na fala de Xinzo, Ponteareas. Contribución á lingüística descriptiva do galego. Tese de licenciatura, 1996. Universidade de Santiago de Compostela.

- López Barreiro, Margarita: “Frases feitas do Cachafeiro (Forcarei)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 8, 2006, páxs. 317-327. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “Hai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 18, 2016, páxs. 211-247. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Santamarina, Antón (dir.) & Ernesto González Seoane & María Álvarez de la Granja: Tesouro informatizado da lingua galega (TILG). (Versión 4.1). Santiago de Compostela. Instituto da Lingua Galega.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta