Que hai que facer se pensas que tes os síntomas do coronavirus?

A Xunta distribúe un documento con recomendacións a posibles afectados por coronavirus en Galicia.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 12/02/2020 | Actualizada ás 08:10

Comparte esta noticia

A Xunta remitiu unha circular na que emite unha serie de recomendacións a persoas que se puideran ter infectado polo novo coronavirus que se descubriu na China en decembro de 2019 e suliña, que, no caso de ter sospeitas de contaxio, o Sergas porase en contacto diariamente coa persoa supostamente infectada “para ver se desenvolve algún síntoma compatible coa infección”.

Coronavirus
Coronavirus | Fonte: diariojuridico.com

Neste documento destaca que este novo virus produce unha infección respiratoria e os seus primeiros síntomas son semellantes aos dunha gripe. “Sábese que o virus se pode transmitir dunha persoa a outra, pero non se a transmisión e fácil ou difícil”, asegura.

Entre as recomendacións que dá é “levar sempre unha máscar cirúrxica” e evitar centros sanitarios ou lugares concorridos, así como manter as mans limpas e lavalas con frecuencia con auga e xabón. Tamén pide que se ventile ben a vivenda e facer un listaxe das persoas coas que houbo un contacto estreito “cara a cara ou a menos de dous metros nun espazo pechado”. 

Para coñecer os síntomas, a Xunta destaca que a persoa debe medir dúas veces ao día a temperatura corporal para ver se ten febre ou síntomas respiratorios adversos. De ter estes síntomas recomenda poñer sempre a máscara, evitar o contacto con outras persoas e chamar “deseguido” ao 061 para dar o aviso. 

Estas recomendacións deberían seguirse durante os 14 días que seguen ao último contacto coa persoa infectada. Tras este período, e descartado un contaxio co coronavirus, pódese deixar a vixilancia de síntomas. 

No documento remitido a institucións e universidades tamén se recollen unha serie de ilustracións de como lavar correctamente as mans.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 DOUTOR YERSIN

As autoridades non se enteran... non e o COVID-19 o que esta matando o que mata non e o virus sinon a bacteria da neumónica, xa saben peste neumónica, peste bubónica, peste negra, peste de Justiniano o peste de 1347-8 a yersinia pestis! a maioria da xente que esta a morrer un-has 1.100 o fan na provincia de whunan por iso esta a coarentena para impedir que saia a bacteria neumónica pois o virus xa saiu e anda por todo o mundo - MAPA ACTUALIZADO - https://www.arcgis.com/apps/opsdash...