Miranda irá a Cuba coma primeira viaxe do ano para coñecer a situación da colectividade galega

O responsable autonómico manterá diversos encontros coas autoridades españolas e cubanas, así como con membros da colectividade galega residente na illa. Cuba é o terceiro país con maior número de galegos, con 43.480 persoas,

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2020 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inicia estes días a axenda oficial da súa primeira viaxe do ano a Cuba, que centrará en coñecer de primeira man á situación que vive a comunidade galega no país.

Segundo informou a Xunta, ao longo dos próximos días, o responsable autonómico manterá diversos encontros coas autoridades españolas e cubanas, así como con membros da colectividade galega residente na illa.

Miranda tamén dedicará a súa estancia no país a seguir a evolución das necesidades da poboación galega que vive nas rexións máis afastadas á capital.

Cuba é o terceiro país con maior número de galegos, con 43.480 persoas, dos que menos do 10%, 420, son nados en Galicia, e o resto son descendentes, nacidos xa no seu país de destino. Do total de galegos residentes en Cuba, 11.697 pertencen á provincia da Coruña, 14.922 á de Lugo, 13.473 á de Ourense, e 3.388 á de Pontevedra.

Mulleres partindo dende A Coruña ao soño americano coas súas pertenzas
Mulleres partindo dende A Coruña ao soño americano coas súas pertenzas | Fonte: Galegas en Cuba

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta